COMUNICADOS INTERNACIONAIS

Folletos de información pública

Galego
Folletos de información pública
https://cms-imgp.jw-cdn.org/img/p/1011732/univ/art/1011732_univ_sqr_xl.jpg

Folletos de información pública

 

As testemuñas de Xehová | Quen son?

As testemuñas de Xehová: quen son e como están organizadas.

As testemuñas de Xehová e as súas publicacións

As publicacións das testemuñas de Xehová, tanto en formato impreso como electrónico, axudan ás persoas a acercarse máis a Deus e a entender mellor as ensinanzas da Biblia. Tamén teñen un efecto positivo en quen as le, e poden mellorar a súa calidade de vida.

As testemuñas de Xehová e o seu lugar na comunidade

As testemuñas de Xehová esfórzanse por contribuír positivamente na súa comunidade. Fano dando cursos da Biblia e ofrecendo axuda humanitaria.

As testemuñas de Xehová e a súa predicación pública

Para as testemuñas de Xehová, falar cos seus veciños das boas noticias que hai na Biblia é unha parte fundamental da súa adoración a Deus. Que métodos usan, e que efectos positivos ten o seu ministerio na comunidade?

As testemuñas de Xehová e a vida de familia

As testemuñas de Xehová esfórzanse por poñer en práctica o que ensina a Biblia na súa familia. Iso beneficia ós esposos, ás esposas e ós fillos, e fai que haxa un ambiente de cariño e seguridade na familia. Os pais entenden que teñen a responsabilidade de ensinarlles ós seus fillos os principios da Biblia.

As testemuñas de Xehová e o servizo civil alternativo

Hai tempo que as leis internacionais recoñecen un dereito fundamental: a obxección de conciencia ó servizo militar. As testemuñas de Xehová agradecen que os gobernos cumpran as normas internacionais e ofrezan un verdadeiro servizo alternativo que beneficie a comunidade, que sexa claramente civil e que non implique un castigo.

As testemuñas de Xehová e a neutralidade

De acordo coas ensinanzas da Biblia, as testemuñas de Xehová son neutrais na política. Moitos gobernos danse conta de que a postura neutral das Testemuñas contribúe á paz. Tamén recoñecen que son cidadáns que cumpren as leis, respectan as autoridades e cooperan con elas.

As testemuñas de Xehová e as súas reunións relixiosas

As testemuñas de Xehová consideran que reunirse cos seus compañeiros de crenza é unha parte fundamental da súa fe. As súas reunións, que normalmente se celebran en lugares chamados Salóns do Reino, céntranse na educación bíblica e están abertas ó público.

As testemuñas de Xehová e os labores de socorro

Cando ocorre un desastre, as testemuñas de Xehová están listas para dar axuda física, emocional e espiritual. Tanto os gobernos como as organizacións humanitarias recoñecen o ben organizadas que están as Testemuñas e tódolos esforzos que fan.

As testemuñas de Xehová e a predicación nos cárceres

Como parte do labor de predicación que fan por todo o mundo, as testemuñas de Xehová tamén visitan os presos que están interesados en estudar a Biblia. Algúns funcionarios e presos deron a súa opinión sobre o labor educativo das testemuñas de Xehová.

Testemuñas de Xehová de Moscova e outros contra Rusia

Un resumo da decisión do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos a favor das testemuñas de Xehová de Moscova.

Entidade relixiosa local de Taganrog e outros contra Rusia

Un resumo da decisión do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos no caso Entidade relixiosa local de Taganrog e outros contra Rusia, na que se declarou ilegal que Rusia prohibise as testemuñas de Xehová.

Bayatyan contra Armenia (Gran Sala)

Resumo da sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos que recoñece o dereito de obxección de conciencia ó servizo militar como parte da liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión.

A postura bíblica das testemuñas de Xehová sobre a protección de menores

O benestar dos menores é de máximo interese e importancia para as testemuñas de Xehová. Este documento explica como responden as testemuñas de Xehová ante unha acusación de abuso de menores.