Ir ó contido

Ir ó índice

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Publicamos o libro máis importante de todos

Publicamos o libro máis importante de todos

1 DE XANEIRO DE 2021

 “Levaba esperando isto 19 anos!”. Que estaba esperando o noso irmán? A Tradución do Novo Mundo das Escrituras Gregas Cristiás no seu idioma, o bengalí. Moitas persoas reaccionan de xeito similar cando se publica a Tradución do Novo Mundo no seu idioma. Pero preguntácheste algunha vez o que implica traducir e producir estas Biblias?

 Primeiro, fórmase un equipo de tradución seguindo as instrucións do Comité de Redacción do Consello Reitor. Canto tempo se precisa para traducir a Biblia? Nicholas Ahladis, que traballa co Departamento de Servizos de Tradución en Warwick, Nova York, explica: “Hai moitos factores. Cantos tradutores están dispoñibles, o complicado que sexa o idioma, se os lectores entenden como era a vida en tempos bíblicos e se o idioma varía dunha rexión a outra. Polo xeral, a un equipo lévalle entre un e tres anos traducir só as Escrituras Gregas Cristiás, e entre catro ou máis anos traducir a Biblia completa. O proceso leva máis tempo se é para linguaxe de signos”.

 Para traducir a Biblia precísase algo máis que un equipo de tradución. Tamén se precisa un grupo de lectores con diferentes circunstancias e ás veces de diferentes países. Estes lectores revisan a tradución de xeito voluntario. Os seus comentarios axúdanlles ós tradutores a producir unha Biblia que sexa precisa, clara e fácil de entender. Un irmán da República de Suráfrica, que capacita os tradutores da Biblia comenta: “Os tradutores senten que teñen unha gran responsabilidade ante Xehová e os lectores da súa Palabra”.

 Unha vez completada a tradución, as Biblias teñen que imprimirse e encadernarse. Para facelo, as imprentas precisan polo menos dez “ingredientes”: papel, tinta, material para a tapa, pegamento, revestimento para a tapa, película de prata, cintas, cabezada, cartón para o lombo e reforzo para axudar a manter unida a Biblia. En 2019 gastáronse uns 16 millóns de euros tan só nestes materiais para producir Biblias. Durante o mesmo ano, os nosos irmáns traballaron máis de 300.000 horas para imprimir as Biblias e logo envialas.

“A Biblia é o libro máis importante que publicamos”

 Por que empregamos tanto tempo e tantos cartos nestas tarefas? “A Biblia é o libro máis importante que publicamos. Así que desexamos que o seu aspecto lle dea honra ó Deus que adoramos e a mensaxe que predicamos”, di Joel Blue do Departamento Internacional de Impresión.

 Ademais publicamos edicións da Tradución do Novo Mundo para lectores con necesidades especiais. Por exemplo, a edición en braille da Tradución do Novo Mundo está dispoñible en 10 idiomas. Para facer unha Biblia completa en braille precísanse 8 horas e tódolos seus volumes xuntiños ocupan polo menos 2,3 metros. Tamén publicamos unha edición especial da Biblia para presos que están en cárceres onde só se permiten libros que teñan a tapa de papel.

 A Tradución do Novo Mundo afecta a vida dos seus lectores. Vexamos o exemplo dunha congregación de fala kiluba en Tombe (República Democrática do Congo). Este lugar está a uns 1.700 quilómetros por carreteira da capital do país. Os irmáns de alí só tiñan unha Biblia traducida a un kiluba moi antigo. Pasábana duns a outros para estudar as reunións. Dende agosto de 2018, todos na congregación teñen o seu exemplar da Tradución do Novo Mundo no kiluba que se fala hoxe.

 Unha irmá que fala alemán dixo da Tradución do Novo Mundo revisada: “Xa nunca digo que teño que ler a Biblia, senón ‘cando podo ler máis?’”. Un prisioneiro escribiu: “Déronme una copia da Tradución do Novo Mundo e está a cambiar a miña vida. Nunca entendera a Palabra de Deus tan ben ata que lin esta tradución. Quero saber máis das testemuñas de Xehová e como chegar a ser unha delas”.

 Tódolos lectores da Tradución do Novo Mundo están moi agradecidos polas doazóns que fan posible a súa publicación. Estas doazóns para a obra mundial fanse a través dos métodos que atopamos en donate.jw.org. Moitas grazas pola túa xenerosidade.