Galego
Que é a soidade?
https://cms-imgp.jw-cdn.org/img/p/102026003/univ/art/102026003_univ_sqr_xl.jpg
g26 núm. 1 páx. 3

Que é a soidade?

Que é a soidade?

Todos necesitamos ter bos amigos. Así que cando sentimos que non temos con quen falar ou que ninguén nos entende, é natural que teñamos unha sensación dolorosa no noso interior. Segundo os expertos, iso é a soidade.

A soidade non é un defecto, senón un sinal de alarma. Avísanos de que as relacións que temos na nosa vida non son suficientes ou non están á altura do que queremos ou necesitamos.

Todos nos sentimos sós ás veces. Algúns séntense así por momentos, pero para outros é algo co que teñen que loitar tódolos días e que os fai sentir baleiros e sen ánimo. A soidade pode facer que unha persoa se sinta aburrida, enfadada, deprimida, insegura, rexeitada ou que non merece o amor doutros.

Se te sentes así non es o único, pásalles a moitos. Pero, que podes facer para sentirte mellor? Para empezar, podería ser bo entender as posibles causas de que te sintas así.