Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 1

Cales son estas boas noticias?

Cales son estas boas noticias?

1. Que noticias nos dá Deus?

Deus ámanos e desexa que gocemos da vida. Por iso creou a Terra e todo o que hai nela. Pronto eliminará calquera causa de sufrimento, e xente de todo o mundo terá un futuro mellor. Le Xeremías 29:11.

Non hai goberno humano capaz de acabar coa violencia, a enfermidade ou a morte. Pero hai boas noticias: Deus pronto establecerá o seu goberno na Terra, substituíndo a tódolos demais. Os seus súbditos gozarán de paz e boa saúde. Le Isaías 25:8; 33:24; Daniel 2:44.

2. Por que son tan importantes estas boas noticias?

Só cando Deus elimine da Terra a quen fai o mal acabarase o sufrimento (Sofonías 2:3). E cando será isto? A Biblia predixo os sucesos actuais que tantos problemas causan á humanidade. Tales condicións indican que Deus pronto actuará. Le 2Timoteo 3:1-5.

3. E nós, que faremos?

Deberiamos aprender da Biblia. A Palabra de Deus é como unha carta que un bo pai escribe ó seu fillo. Dános bos consellos para gozar dunha vida mellor agora e, no futuro, vivir para sempre na terra. Poida que a algúns dos teus non lles guste que esteas aprendendo da Biblia. Pero non te desanimes, porque ver cumpridas as promesas de Deus paga a pena. Le Proverbios 29:25; Apocalipse 14:6, 7.