Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 19

Son as testemuñas de Xehová cristiáns verdadeiros?

Son as testemuñas de Xehová cristiáns verdadeiros?

As testemuñas de Xehová cremos que somos cristiáns verdadeiros. Por que? Analiza a base das nosas crenzas, o nome que nos distingue e o amor que nos temos uns ós outros.

1. En que baseamos as nosas crenzas as testemuñas de Xehová?

Nunha oración, Xesús díxolle a Deus: “A túa palabra é verdade” (Xoán 17:17). Coma Xesús, as testemuñas de Xehová sempre baseamos as nosas crenzas na Palabra de Deus. Pensa na nosa historia moderna. A finais do século XIX un grupo de estudantes da Biblia comezou a examinala con coidado. Basearon as súas crenzas no que dicía, incluso cando esas crenzas eran diferentes ás doutrinas da Igrexa. Entón empezaron a falar desas verdades da Biblia con outros. a

2. Por que nos chamamos Testemuñas de Xehová?

Xehová chámalles testemuñas ós seus adoradores porque contan a verdade sobre el (Hebreos 11:4–12:1). Por exemplo, en tempos pasados Deus díxolle ó seu pobo: “Vós sóde-las miñas testemuñas” (le Isaías 43:10). A Xesús chámaselle “a testemuña que merece fe” (Apocalipse 1:5). Por iso, no ano 1931 adoptamos o nome Testemuñas de Xehová e estamos orgullosos de levar ese nome.

3. Como imitamos o amor de Xesús as testemuñas de Xehová?

Xesús queríalles tanto ós seus discípulos que eran como a súa familia (le Marcos 3:35). Do mesmo xeito as testemuñas de Xehová estamos tan unidas que somos unha familia mundial. Por iso entre nós nos chamamos irmáns e irmás (Filemón 1, 2). E tamén obedecemos o mandato: “Querede ben ós irmáns” (1 Pedro 2:17). As testemuñas de Xehová demostramos este amor de moitas maneiras, como por exemplo axudando ós nosos irmáns por todo o mundo cando o necesitan.

AFONDA MÁIS

Coñece mellor a historia das Testemuñas de Xehová e descubre máis probas que demostran que somos cristiáns verdadeiros.

Os verdadeiros cristiáns basean as súas crenzas na Biblia e falan delas con outros

4. Baseamos as nosas crenzas na Biblia

Xehová dixo que co tempo daría a coñecer a verdade da Biblia. Lede Daniel 12:4 e logo comentade esta pregunta:

  • Que conseguiría o pobo de Xehová ó correr “de aquí para acolá”, é dicir, ó examinar a Biblia para buscar a verdade?

Descubre como un grupo de estudantes da Biblia, entre eles Charles Russell, examinaron a Palabra de Deus. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

  • De que xeito examinaron a Biblia Charles Russell e outros Estudantes da Biblia?

Sabíalo?

Ás veces axustamos algunhas das nosas crenzas. Por que? Igual que no amencer a luz do sol deixa ver pouco a pouco os detalles da paisaxe, Deus fai que a súa Palabra se vaia entendendo cada vez mellor (le Proverbios 4:18). Por iso, aínda que a Biblia non cambia, nós axustamos as nosas crenzas a medida que a imos entendendo mellor.

5. Vivimos de acordo co noso nome

Por que adoptamos o nome Testemuñas de Xehová? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

  • Por que é axeitado o nome Testemuñas de Xehová?

Por que Xehová escolleu persoas para ser as súas testemuñas? Porque, con tantas mentiras que se levan dito sobre el, era necesario dar a coñecer a verdade sobre o Deus verdadeiro. Analiza dúas desas mentiras.

Algunhas relixións ensínanlles ós seus membros que Deus quere que utilicen imaxes na súa adoración. Pero, que di a Biblia? Lede Levítico 26:1 e logo comentade estas preguntas:

  • Que verdade ensina este texto? Como pensas que se sentirá Xehová cando a xente usa imaxes na súa adoración?

Algúns líderes relixiosos ensinan que Xesús é Deus. Pero, que di a Biblia? Lede Xoán 20:17 e logo comentade estas preguntas:

  • Que verdade ensina este texto? Son Deus e Xesús a mesma persoa?

  • Como te sentes ó saber que Xehová enviou as súas testemuñas para predicar a verdade sobre el e o seu Fillo?

6. Amámonos uns ós outros

A Biblia compara os cristiáns coas diferentes partes dun corpo humano. Lede 1 Corintios 12:25, 26 e logo comentade estas preguntas:

  • Que deberían facer os cristiáns verdadeiros cando ven sufrir os seus irmáns?

  • Que observaches sobre o amor que hai entre as testemuñas de Xehová?

Cando hai testemuñas de Xehová sufrindo nalgún lugar, os irmáns arredor do mundo responden inmediatamente para axudalos. Para ver un exemplo, poñede o VÍDEO. Logo comentade esta pregunta:

  • Como demostran os labores de socorro das testemuñas de Xehová o amor que se teñen uns ós outros?

Os verdadeiros cristiáns demostran amor ós que necesitan axuda

HAI QUEN DI: “As Testemuñas de Xehová son unha relixión nova”.

  • Dende cando lles chama Xehová testemuñas ós seus adoradores?

RESUMO

As testemuñas de Xehová somos cristiáns verdadeiros. Somos unha familia mundial que adora a Deus, baseamos as nosas crenzas na Biblia e damos a coñecer a verdade sobre Xehová.

Repaso

  • Por que adoptamos o nome Testemuñas de Xehová?

  • Como nos tratamos uns ós outros?

  • Pensas que as testemuñas de Xehová son cristiáns verdadeiros?

Intenta isto

INVESTIGA

Mira un exemplo de como as testemuñas de Xehová destaparon ensinanzas falsas.

O pobo de Deus glorifica o Seu nome (7:08)

Atopa respostas a preguntas que quizais teñas sobre as testemuñas de Xehová.

“Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová” (Páxina web)

O odio levaba a Stephen a participar en delitos contra persoas doutras razas. Descubre que viu nas testemuñas de Xehová que o motivou a cambiar.

“A miña vida ía de mal en peor” (La Atalaya, 1 xullo 2015)

a A nosa revista principal, A Atalaia, leva publicando as verdades da Biblia sen interrupción dende 1879.