Ir ó contido

Ir ó índice

CANCIÓN 52

A dedicación cristiá

A dedicación cristiá

(Hebreos 10:7, 9)

  1. 1. Xehová, ti e-lo máis grande,

    fixeches todo, Pai:

    o Sol, a Terra mailo mar

    e todo canto hai.

    Tamén nos déche-la vida,

    es ti o Creador.

    Por iso mereces recibir

    por sempre adoración.

  2. 2. O día do seu bautismo,

    Xesús, o noso Rei,

    orouche, Pai, de corazón:

    “A ti eu servirei”.

    Saíu unxido das augas,

    teu Fillo, oh, Xehová,

    resolto a serche sempre fiel

    e nunca xamais fallar.

  3. 3. Xehová, a ti me dedico,

    prometo serche fiel.

    Teu nome eu defenderei,

    xamais te deixarei.

    Teu Fillo ti entregaches,

    morreu pra nós vivir.

    Por ti vivirei e morrerei,

    por sempre te vou servir.

(Ver tamén Mt. 16:24; Mc. 8:34; Lc. 9:23.)