Sirve a Xehová con valor

Esta publicación pode axudarche a ter máis fe e valor.

Carta do Consello Reitor

O Consello Reitor espera sinceramente que esta publicación che axude a imitar o valor de homes e mulleres fieis da antigüidade.

INTRODUCIÓN

Podes servir a Xehová con valor!

Este libro está pensado para axudarche a ser máis valente. Mira como Xehová axudou a seres humanos imperfectos a obter o valor que necesitaban e como pode facer o mesmo por ti.

SECCIÓN 1

SECCIÓN 1

Dende os días dos patriarcas ata a época dos xuíces

Nesta sección analizaremos extraordinarios exemplos de fe e valor, empezando por Enoc e chegando ata a época do profeta Samuel.

Liña de tempo da sección 1

Esta táboa mostra importantes eventos da Biblia e a duración da vida de personaxes bíblicos.

1 ENOC

Andou con Deus

Enoc mantívose apartado do mundo da súa época polo menos de dúas formas. Como foi capaz? Que nos pode ensinar o seu exemplo sobre o valor?

2 NOÉ

Condenou o mundo

En que se parece o noso tempo ós días de Noé? Aprende como podes imitar o valor de Noé na túa vida.

3 SARA

Negouse a mirar atrás

De que formas demostrou Sara fe e valor?

4 ABRAHÁN

O primeiro home en loitar unha guerra para Xehová

Que podemos aprender da valentía que demostrou Abrahán ó rescatar o seu sobriño Lot? Como reaccionou Xehová á súa fe e ó seu valor?

5 ABRAHÁN

A proba máis difícil da súa vida

Como podemos imitar o valor de Abrahán para obedecer a Deus? Que nos ensina este relato sobre o amor de Xehová?

6 REBECA

Adentrouse no descoñecido

Rebeca foi unha muller que tivo unha fe e un valor extraordinarios. Que podemos aprender do seu exemplo?

7 XACOB

Protexeu a súa familia con valor

Como che axuda o exemplo de Xacob a entender que vale a pena facer calquera esforzo para gañar a bendición de Xehová?

8 XOSÉ

Resistiu a tentación

Aprende como o exemplo de Xosé pode axudarche a resistir tentacións e a aguantar as probas.

9 XÉFORA, PÚAH, AMRAM, IOQUÉBED E MÍRIAM

Pola súa fe protexeron a Moisés

As parteiras, os pais de Moisés e a súa irmá demostraron unha fe e un valor extraordinarios. Como podemos nós facer o mesmo?

10 MOISÉS

Tomou a decisión correcta

Que decisión tomou Moisés, e por que? Que podes aprender do seu exemplo?

11 MOISÉS

“Vai onda o faraón”

Aínda se nos sentimos pouco cualificados para cumprir cunha responsabilidade, como nos pode axudar o que viviu Moisés a confiar en que Xehová nos vai a apoiar?

12 CALEB

Mantívose leal ó seu Deus

Mira como nos pode axudar o exemplo de Caleb a resistir a presión de “ir coa maioría”.

13 XOSUÉ

Seguiu instrucións que parecían non ter sentido

Que estrañas instrucións recibiu Xosué de Xehová? En que situacións poderiamos imitar o exemplo de Xosué?

14 RAHAB

Escoulleu a Xehová antes có seu pobo

Que podemos aprender do que fixo Rahab? Que bendicións recibiu pola súa fe e valor?

15 NOEMÍ E RUT

Axudáronse en momentos difíciles

De que formas demostraron valor Noemí e Rut? Que leccións podemos aprender do seu exemplo?

16 BARAC E DÉBORAH

“De certo, que irei contigo”

Barac insistiu en que Déborah fose con el á batalla. Foi isto unha mostra de debilidade ou de que tiña unha fe forte?

17 IAEL

“Bendita entre as mulleres”

A valente acción de Iael contra un inimigo de Xehová aínda nos serve de exemplo. Por que necesitamos ese mesmo valor máis que nunca?

18 XEDEÓN

Valente e precavido

En que situacións pode que necesitemos ser valentes e precavidos?

19 XEFTÉ E A SÚA FILLA

Cumpriron un voto difícil

Como nos pode axudar na actualidade o exemplo de Xefté e a súa filla?

20 SANSÓN

Mostrou valor cando era débil

Que podemos aprender do que fixo Sansón despois de cometer un erro?

21 SAMUEL

Un neno que falou no nome de Xehová

Cando é posible que os máis novos necesiten valor para defender o que é correcto?

SECCIÓN 2

SECCIÓN 2

Dende os días dos reis ata a reconstrución de Xerusalén

Esta sección analiza exemplos da antigüidade de fe e valor. Empeza por Ionatán, o fillo do rei Saúl, despois fala do rei David e remata co pobo de Deus volvendo do exilio en Babilonia e reconstruíndo Xerusalén.

Liña de tempo da sección 2

Esta táboa mostra importantes eventos da Biblia e a duración da vida de personaxes bíblicos dende os días dos reis ata a reconstrución de Xerusalén.

22 IONATÁN

Necesitou valor para ser leal

Ionatán tivo que decidir a quen ía ser leal. Como puido tomar a decisión correcta? Como podemos imitalo?

23 DAVID

Enfrontouse a un xigante

David era coñecido como “un rapaz valente e bo guerreiro”. Como animou o seu exemplo a outros? Que efecto pode ter o teu valor nos demais?

24 ABIGAIL

Enfrontouse a dous homes enfadados

Que poden aprender as mulleres e os homes casados do relato de Abigail?

25 DAVID

Tivo valor para deixarse guiar pola súa conciencia

David tiña a posibilidade de vingarse. Que lle axudou a controlarse? Como podemos seguir o seu exemplo?

26 NATÁN

Corrixiu o rei

Que nos ensina o exemplo de Natán sobre como axudar a un amigo que cometeu un erro grave?

27 MEFIBÓXET

Negouse a vivir amargado

Que leccións animadoras podemos aprender de Mefibóxet?

28 ASÁ

Serviu a Xehová “toda a súa vida”

Que leccións podemos aprender dun home que serviu a Xehová cun corazón completo?

29 ELÍAS

“O meu Deus é Xehová”

Que lle axudou a Elías a vencer os seus medos?

30 A VIÚVA DE SAREPTA

Demostrou valor nunha situación desesperada

Como nos anima o seu relato a confiar en Xehová?

31 A NENA ISRAELITA

Unha nena valente fala do seu Deus

O exemplo da nena israelita pode animarte a dar testemuño, mesmo cando tes medo.

32 ELISEO

“Señor, ábrelle os ollos”

En que situacións pode fortalecernos “ver” os anxos cos ollos da fe?

33 IEHOIADÁ

Protexeu o rei que Xehová escollera

Que valente decisión tomou Iehoiadá? De que formas podes imitar o seu valor na túa vida?

34 EZEQUÍAS

“Estivo apegado ó Señor”

Ezequías demostrou moita fe e valor. Como podemos imitalo nós hoxe?

35 MANASÉS

Tivo valor para arrepentirse

Por que se pode considerar a Manasés un bo exemplo de valor?

36 XOSÍAS

Axudou ó pobo a volver a Xehová

Aínda que tivo unha infancia difícil, Xosías defendeu a adoración verdadeira con moito valor. De que formas podemos imitalo?

37 DANIEL

“Propúxose non se contaminar”

De que forma poden os máis novos imitar o valor e a lealdade de Daniel? Como nos podemos beneficiar todos do seu exemplo?

38 OS TRES HEBREOS

Apagaron a furia do lume

Os tres hebreos foron valentes incluso cando se enfrontaron á morte. Que nos pode ensinar o seu exemplo sobre a humildade, a calma e a lealdade?

39 ESTER

“Aínda que teña que morrer”

Ester era sabia e obediente. Incluso foi capaz de gañarse o seu home, que non cría en Deus. Que podemos aprender do seu exemplo?

40 NEHEMÍAS

Reconstruíu a muralla

Que nos ensina o exemplo de Nehemías sobre servir de forma máis plena a Xehová? Como poden os anciáns imitar o seu exemplo?

SECCIÓN 3

SECCIÓN 3

A época do Mesías e dos seus seguidores

Esta sección analiza exemplos de fe e valor do primeiro século, incluíndo unha virxe xudía chamada María e rematando co apóstolo Xoán.

Liña de tempo da sección 3

Esta táboa representa a duración da vida dos personaxes bíblicos que aparecen na sección 3. Tamén mostra algúns eventos importantes dende a época do Mesías ata os últimos días da vida do apóstolo Xoán.

41 ZACARÍAS E ELÍSABET

“Xustos ós ollos de Deus”

Por que foron Zacarías e Elísabet xustos para Deus? Que podemos facer para selo nós tamén?

42 MARÍA

Tivo o valor de aceptar

María tivo unha responsabilidade importante e única. Onde atopou o valor para levala a cabo?

43 XOSÉ

Foi un pai valente

Que bo exemplo puxo Xosé para os pais cristiáns da actualidade?

44 XOÁN O BAUTISTA

“Non naceu ninguén superior”

Xoán foi un home valente que levou unha vida sinxela. Mira o que podemos aprender del.

45 PEDRO

“Son pecador”

Que podemos aprender de Pedro sobre seguir servindo a Xehová a pesar das nosas debilidades?

46 MARÍA MADALENA

“Vin o Señor!”

María Madalena dedicou a súa vida a axudar a Xesús e ós seus discípulos. Como podemos nós imitar a súa compaixón e o seu valor?

47 MARÍA, A IRMÁ DE LÁZARO

“Ela fixo o que puido”

Xesús louvou a María, a irmá de Lázaro, polo seu valor e a súa fe. De que formas demostrou valor, e como podemos imitala hoxe?

48 ESTEBAN

“Cheo de fe e de espírito santo”

Esteban enfrontouse a un xuízo no que a súa vida estaba en xogo. Como defendeu a súa fe? E, como pode o seu exemplo animarnos a manternos fieis?

49 PEDRO

Chegou a ser coma unha roca

Como pode axudarnos o exemplo de Pedro a confiar en Xehová e vencer os nosos medos?

50 SAULO DE TARSO

Renovou a súa mente

Que fixo que este violento perseguidor de cristiáns lle dese un cambio radical á súa vida? Que podemos aprender do seu exemplo?

51 BERNABÉ

“Fillo do consolo”

Bernabé foi valente ó axudar a Saulo e levalo onda os apóstolos. Como podemos imitar o seu valor e a súa disposición a axudar ós demais?

52 MARCOS

Foi de grande axuda

A pesar dos reveses que sufriu, Marcos foi valente e seguiu servindo a Xehová e axudando ós irmáns. Que leccións podemos aprender del?

53 PAULO

“Pídovos que sexades valentes”

Como puido o apóstolo Paulo mostrar valor nunha situación que parecía non ter remedio? Como pode o seu valor axudar a outros?

54 O APÓSTOLO XOÁN

Foi valente nunha época escura

O apóstolo Xoán nunca cedeu ó medo nin caeu na desesperación. Como podemos imitar o seu exemplo e seguir servindo a Xehová con valor?

CONCLUSIÓN

CONCLUSIÓN

“Non vou ter medo”

A Biblia está chea de exemplos de homes e mulleres, mozos e vellos, que se puxeron con valor de parte de Xehová. As súas historias poden motivarnos a facer o mesmo.

Sentímolo, non hai termos que coincidan coa túa selección.