Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Que pensará Deus disto?

Que pensará Deus disto?

Queremos que Xehová estea contento con todo o que facemos (Pr 27:11). Para conseguilo, temos que tomar decisións que estean de acordo coa súa forma de pensar aínda cando non haxa unha norma específica que nos diga o que debemos facer. Que nos axudará a logralo?

Mantén unha boa rutina de estudo da Biblia. Cada vez que lemos a Biblia é coma se estivésemos pasando tempo con Xehová. Podemos aprender cal é a súa forma de pensar cando estudamos o exemplo dos que fixeron cousas boas ou malas ós ollos del e tamén ó ver como tratou o seu pobo. Cando teñas que tomar unha decisión, o espírito santo pode axudarche a recordar leccións e principios que aprendiches na Palabra de Deus (Xn 14:26).

Investiga. Cando teñas que tomar unha decisión, pregúntate: “Que versículos ou relatos da Biblia me poden axudar a entender o que pensa Xehová deste tema?”. Ora a Deus para pedirlle a súa axuda e usa as ferramentas de investigación que tes dispoñibles no teu idioma. Isto axudarache a encontrar e aplicar os principios da Biblia que sexan útiles para a túa situación (Sl 25:4).

DESPOIS DE VER O VÍDEO “CORRAMOS CON AGUANTE”. ALIMENTÉMONOS BEN, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • A que presións tivo que enfrontarse a irmá do vídeo?

  • Como poden axudarche as ferramentas de investigación cando pases por situacións parecidas?

  • Como nos axuda a tomar boas decisións dedicar tempo a investigar e ter un estudo persoal profundo? (Heb 5:13, 14).