Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Recibámolos con cariño

Recibámolos con cariño

A quen debemos recibir con cariño? A tódolos que asistan á reunión, tanto os que comezan a vir como os que coñecemos desde hai tempo (Rm. 15:7; Heb. 13:2). Pode ser un irmán doutro país que está de visita ou un cristián inactivo que asiste por primeira vez despois de moitos anos. Imaxina como te sentirías nunha situación así. Verdade que agradecerías que te recibisen con cariño? (Mt. 7:12). Fagamos un esforzo por ir saudar ós que nos visitan, tanto antes coma despois das reunións. Isto contribuirá a que se respire un ambiente agradable e agarimoso, e dará honra a Xehová (Mt. 5:16). Aínda que quizais non sexa posible falar con tódolos presentes, todos se sentirán benvidos se cada un de nós fai a súa parte. *

Debemos ser hospitalarios en todo momento, non só nas ocasións especiais, como a Conmemoración. Cando os que son novos ven e experimentan persoalmente o amor cristián, poden sentirse impulsados a louvar a Deus e unirse a nós para adoralo (Xn. 13:35).

^ par.3 Os principios da Biblia indican que non deberiamos saudar ós expulsados e desasociados que asisten ás reunións (1 Cor. 5:11; 2 Xn. 10).