Proverbios 15:1-33

15  Unha resposta doce alonga a cólera,unha verba ferinte acende a ira.   A lingua dos sabios fai destilar saber,a boca dos tolos burbulla tolemia.   Os ollos do Señor atópanse en todo,vixiando tanto os malos como os bós.   Unha lingua apacible é árbore de vida;cando é perversa, fere no espírito.   O tolo despreza a corrección paterna,mais tórnase asisado quen ten en conta a reprensión.   No casal do xusto reina a fartura;nas ganancias do impío, a inquietude.   Labios de sabios espallan saber,o matinar do impío non acouga.   Aborrece o Señor a ofrenda dos impíos,mais a pregaria dos rectos acada o seu favor.   Aborrece o Señor a conducta do impío,mais ó que procura a xustiza tenlle amor. 10  Terá un severo castigo quen aparta do seu vieiro,e quen refuga a reprensión vai dar na morte. 11  O Xeol e a perdición están ante os ollos do Señor,¡canto máis as mentes dos humanos! 12  Non lle agrada ó burlento que o critiquen,nin se reúne cos sabios. 13  O corazón feliz alegra a cara,o sufrir interno creba o espírito. 14  O de ánimo sensible procura o saber,a boca dos necios fártase de parvadas. 15  Tódolos días do desgraciado son tristes;para o de ánimo alegre, un banquete continuo. 16  Mellor é un pouquiño con temor do Señor,ca moreas de bens con inquedanza. 17  Mais vale cunca de grelos con cariñoca xato cebado con xenreira. 18  Home acalorado fai alampa-la liorta,o cachazudo pon sosego na disputa. 19  O camiño do preguiceiro ten por sebe as silveiras,o vieiro do recto está ben acalcado. 20  Un fillo sabio alegra a seu pai,o necio deshonra a súa nai. 21  A tolemia é troulada para o falto de siso,o home intelixente camiña a dereitas. 22  Onde non se fai xuntanza malógranse os planos,pero cúmprense cos moitos conselleiros. 23  ¡Que ledicia para un home saber responder por si! e ¡que boa é unha palabra ó seu tempo! 24  Hai un vieiro de vida —costa arriba— para o sabio,para se afastar do Xeol —costa abaixo—. 25  O Señor destrúe o casal dos fachendosos,pero afinca o lindeiro da viúva. 26  Aborrece o Señor as malignas matinacións,mais as verbas axeitadas son limpas. 27  O famento de lucro arruína a súa casa;quen odia os regalos interesados, vivirá. 28  A mente do xusto medita antes de responder,a boca dos perversos burbulla maldades. 29  Apártase o Señor dos perversos,pero escoita a pregaria dos xustos. 30  Uns ollos brillantes alegran o corazón,unha boa noticia fortalece os ósos. 31  Oído que escoita a corrección saudable,asentará no medio dos sabios. 32  Quen refuga a instrucción, rexeita a vida;quen dá escoita á corrección, faise asisado. 33  O temor do Señor é escola da Sabedoría,pois a humildade precede á gloria.

Notas ó pé