As boas noticias segundo Xesús
Nesta emocionante serie de vídeos aprende máis sobre Xesucristo, o Fillo de Deus e Salvador da humanidade.
Información sobre a serie As boas noticias segundo Xesús
Mira como os Evanxeos cobran vida nesta emocionante serie sobre Xesucristo.
EPISODIO 1
A verdadeira luz do mundo
Xosé e María reciben o privilexio de criar a Xesús, un neno coma ningún outro.
EPISODIO 2
“Este é o meu querido fillo”
Xoán o Bautista anuncia a chegada do Mesías. Xesús comeza o seu ministerio.
EPISODIO 3
“Ese son eu”
Xesús ensínalles a Nicodemo, a unha muller samaritana e á xente de Nazaret pero non todos o escoitan.
EPISODIO 4
“Porque para iso vin”
Xesús cura enfermos, expulsa demos, fai discípulos e escolle os seus 12 apóstolos.
EPISODIO 5
“Estaban impresionadas pola súa forma de ensinar”
Despois de curar unha gran multitude, Xesús dá o seu discurso máis famoso: o Sermón do Monte.
EPISODIO 6
“Es ti o que ten que vir?”
Xesús resucita o fillo dunha viúva, ensina usando comparacións sinxelas e saca á luz os motivos da xente que o escoita.
Tráiler da serie As boas noticias segundo Xesús
Mira o tráiler desta emocionante produción audiovisual que lles dá vida ós Evanxeos.

