ESTADE SEMPRE VIXIANTES!
É inevitable que haxa unha guerra mundial? O que di a Biblia
Durante os últimos 30 anos, moitas persoas tiveron a sensación de que as relacións entre os países do mundo eran estables e incluso melloraran. Pero, tendo en conta os acontecementos recentes, poida que esta forma de pensar non coincida coa realidade.
“Israel e Hesbulá intercambian disparos na fronteira libanesa mentres a xente se preocupa por como afectará a guerra de Gaza a outros países” (Reuters, 6 de xaneiro de 2024).
“Tendo varios grupos atacando dende diferentes zonas e co seu programa nuclear reactivado de forma inesperada, Irán representa unha nova ameaza para os países occidentais, esta vez con Rusia e A China como aliados” (The New York Times, 7 de xaneiro de 2024).
“Os ataques rusos continúan causando estragos en Ucraína” (UN News, 11 de xaneiro de 2024).
“O crecemento do poder económico e militar da China, o aumento do orgullo nacional de Taiwán e as tensas relacións entre Pequín e Washington están creando as condicións ideais para que xurda un conflito” (The Japan Times, 9 de xaneiro de 2024).
Di algo a Biblia acerca da inestabilidade internacional que existe no mundo? Provocará esta situación que haxa unha guerra mundial?
A Biblia predixo o que está sucedendo
A Biblia non predixo especificamente ningunha das guerras que vemos hoxe en día. O que si predixo é que na actualidade as guerras se estenderían por todo o mundo e que isto conseguiría “quita-la paz da terra” (Apocalipse 6:4).
O libro bíblico de Daniel predixo que, “nos tempos derradeiros”, as potencias mundiais competirían e loitarían entre si pola dominación mundial. Esta loita implicaría demostrar publicamente que teñen moito poder militar e gastar moitos “tesouros”, ou recursos económicos (Daniel 11:40, 42, 43).
A guerra que si terá lugar
A Biblia indica que a situación mundial vai empeorar antes de mellorar. Xesús predixo que “haberá unha gran tribulación como nunca a houbo desde o principio do mundo” (Mateo 24:21). Esta “gran tribulación” conducirá a unha guerra chamada o Armaxedón, que se describe como “a guerra do día grande do Deus que todo o sostén” (Apocalipse 16:14, 16).
A guerra de Armaxedón salvará a humanidade, non a destruirá. Por medio desa guerra, Deus acabará con tódolos gobernos humanos, os causantes de tantas guerras destrutivas. Se queres saber como o Armaxedón traerá paz duradeira, le os seguintes artigos: