ASPECTO DA ORATORIA 17
Falar de xeito entendible
COMO LOGRALO?
-
Estuda ben a información. Esfórzate por entender ben a información de xeito que poidas explicala coas túas palabras e de forma sinxela.
-
Usa frases curtas e fáciles de entender. Aínda que en ocasións se poden usar frases longas, escolle frases curtas e concisas para explicar as ideas clave.
-
Explica os termos pouco coñecidos. Minimiza o uso de expresións que resulten menos habituais para os presentes. Se precisas mencionar termos ou personaxes da Biblia pouco coñecidos, ou costumes e unidades de medida antigas, engade unha explicación.

