JW LIBRARY SIGN LANGUAGE
Transfire listas de reprodución a JW Library
As publicacións en linguaxe de signos tamén están dispoñibles en JW Library. Para transferir as túas listas de reprodución, debes facer unha copia de seguridade de JW Library Sign Language e instalala en JW Library. Ten en conta que as publicacións que teñas descargadas en JW Library Sign Language non se transferirán, senón que terás que descargalas de novo.
Crea e recupera unha copia de seguridade
Recuperar unha copia de seguridade de JW Library Sign Language e instalala en JW Library copiará as listas de reprodución en JW Library. Os datos que xa teñas en JW Library, coma notas ou subliñados, non se perderán.
Dende a páxina de Inicio en JW Library Sign Language, preme o botón Opcións.
Preme Copia de seguridade e gárdaa ou comparte o arquivo
Abre JW Library
Vai á páxina Estudo persoal
Preme o botón Copia de seguridade
Preme Restaurar a copia de seguridade e selecciona o arquivo que acabas de crear
Preme o botón Importar para acabar a instalación
NOTA: Facer este proceso varias veces dará lugar a listas de reprodución duplicadas.

