Se fas clic na lista de idiomas desta páxina, verás que está dispoñible en máis de trescentos. Dificilmente atoparás outra web destas características.

Se ben hai outras páxinas moi coñecidas que tamén están dispoñibles en varios idiomas, ningunha delas acada esta cifra. Vexamos algúns exemplos. Para xullo de 2013, o sitio oficial das Nacións Unidas podía lerse en seis linguas diferentes, a páxina oficial da Unión Europea, en 24, Google estaba dispoñible en 71 idiomas, e Wikipedia, en 287.

Traducir a páxina a máis de trescentos idiomas esixe unha gran cantidade de tempo e traballo, que é realizado maiormente por centos de testemuñas de Xehová que colaboran como tradutores arredor do mundo. Están organizados en equipos, e traducen o texto desde o inglés ó seu idioma. A súa principal motivación ó realizar esta tarefa é honrar a Deus.

O sitio jw.org contén moitas páxinas con información traducida a máis de trescentos idiomas. O número de páxinas do sitio ascende a un total de 200.000, unha cifra abraiante.

A nosa páxina recibe unha gran cantidade de visitas, tal e como consta na clasificación que elabora Alexa, unha empresa dedicada a analizar o tráfico de Internet. A sección “Religion and Spirituality” (Relixión e Espiritualidade) contén unha listaxe dunhas 87.000 páxinas web, incluídas as das principais relixións do mundo, así como editoriais especializadas en temas relixiosos e outras entidades relixiosas. Para xullo de 2013, o sitio jw.org ocupaba o segundo posto desta clasificación, por detrás dunha páxina web con fins comerciais que subministra acceso en liña a traducións da Biblia en distintos idiomas.

Para outubro de 2013, jw.org recibira un media de máis de 890.000 visitas ó día realizadas por distintos usuarios. Seguiremos a traballar para que persoas de todo o mundo teñan acceso gratuíto a información e consellos prácticos baseados na Biblia.