Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Unhas pedras preciosas moi especiais en Botswana

Unhas pedras preciosas moi especiais en Botswana

Do 22 ó 28 de agosto de 2016, as Testemuñas de Xehová de Botswana, país que posúe a mina de diamantes máis rica do mundo, presentaron unhas pedras preciosas moi especiais na Feira de Bens de Consumo. No seu expositor podíanse ver publicacións baseadas na Biblia, a nosa páxina web jw.org e vídeos que fomentan a unidade familiar.

Os pais e fillos que visitaron o expositor quedaron abraiados coa serie de animación Faite amigo de Xehová, que ensina como poñer en práctica os consellos da Biblia. Como hai poucos vídeos dispoñibles en setswana, o idioma oficial do país, moitos visitantes preguntaron onde podían conseguir os vídeos.

Distribuíronse unhas dez mil publicacións en formato impreso entre os visitantes de tódalas partes do país, e cento vinte persoas solicitaron un curso da Biblia a domicilio. A moitos chamoulles a atención ver traballando xuntos os membros das congregacións falantes de inglés e os falantes de setswana.

Os responsables do evento concedéronlles o primeiro premio ás Testemuñas de Xehová polo seu expositor.