Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Levamos a nosa web á Feira do Libro de Toronto

Levamos a nosa web á Feira do Libro de Toronto

Do 13 ó 16 de novembro de 2014, tivo lugar a Feira Internacional do Libro de Toronto nun recinto feiral desta cidade canadiense. A mostra acolleu libros en formato impreso e dixital, e tivo unha afluencia total de máis de 20.000 persoas.

As testemuñas de Xehová tamén estiveron presentes cun atraente posto interactivo no que se demostraba ós visitantes como usar o noso sitio de Internet, jw.org. Para tal fin, puxeron a disposición do público varias tabletas dixitais.

Un dos responsables do evento comentou: “A vosa páxina web e moi moderna. Penso que outros participantes da feira deberían deseñar as súas páxinas nesta liña”. Os visitantes comentaron que jw.org é moi profesional, fácil de usar e que trata temas moi importantes. Tamén os impresionou a axuda para afrontar os problemas e as preocupacións que os seus contidos ofrecen.

Os voluntarios das testemuñas de Xehová que atenderon o posto decatáronse de que a maioría da xente coa que falaron nunca oíran da nosa web antes da feira. Case todos quedaron cunha tarxeta de visita ou coa folliña Onde atopar respostas ás grandes preguntas?. Moitos comentaron que volverían entrar na páxina e algúns solicitaron que as testemuñas de Xehová os visitasen na casa.

O venres era o “Día do Neno”, así que os voluntarios reproduciron algúns vídeos de animación do encerado animado. Grupos enteiros de alumnos e mestres que asistiran á feira paraban para velos.

Un home de Chicago que traballa nunha empresa dedicada á impresión de Biblias comentou a boa calidade dos exemplares da Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras que estaban expostos. De feito, pediu os datos de contacto dos impresores, e déronlle unha tarxeta de visita.

Das máis de setecentas linguas dispoñibles na web, os visitantes accederon a dezaseis: amhárico, bengalí, chinés, coreano, español, francés, grego, guxaratí, hindi, inglés, portugués, sueco, tamil, tigrinya, urdu e vietnamita.

Unha das testemuñas de Xehová que atendía os visitantes comentou que unha cousa é falarlle á xente da nosa web, e outra ben distinta, mostrárllela. Dixo: “Tivemos unha oportunidade boísima de dar a coñecer a nosa páxina”.