En 1987, Lyman Swingle, membro do Consello Reitor das Testemuñas de Xehová, deu unha conferencia ante un auditorio de 63.580 persoas na Plaza de Toros Monumental de Valencia (Venezuela). Moitos dos presentes viaxaran en autocar toda a noite para escoitalo. O irmán Swingle dirixiu as seguintes palabras ó numeroso auditorio: “Xa non sodes unha sucursal pequena, senón de tamaño medio. E polas trazas que levades, pronto chegaredes a ser 100.000 evanxelizadores!”.

Para aquel ano, en Venezuela había máis de 38.000 testemuñas de Xehová que dedicaban parte do seu tempo a predicar a mensaxe da Biblia. Daquela, só oito países contaban con máis de cen mil evanxelizadores.

Dende entón, o colectivo das testemuñas de Xehová experimentou un crecemento abraiante en todo o mundo. Ó rematar a Primeira Guerra Mundial, só uns poucos miles participaban na obra de predicar o Reino de Deus. Pero iso cambiou. O Anuario de los testigos de Jehová para 1943 informou: “Inda que incompleto debido a problemas coas comunicacións, o informe combinado de 1942 é unha bendición [...], pois os datos mostran que neste momento hai máis de 106.000 persoas por todo o mundo participando no labor [de predicar as boas novas]”. Mesmo durante o inestable período da Segunda Guerra Mundial, moitas persoas responderon favorablemente á mensaxe da Biblia. Para o ano 1950, nos Estados Unidos xa se sobrepasara a cifra de 100.000 evanxelizadores.

En 1974, Nixeria foi o seguinte país en acadar esta cifra.

E o ano seguinte, Brasil e Alemaña tamén a acadaron. Tal crecemento nos catro continentes proba que a mensaxe bíblica é universal.

Por todo o mundo, o número de persoas que aceptaba as boas novas non deixaba de aumentar. Deste xeito, cumpríronse as seguintes palabras da Biblia: “O máis pequeno volverase un millar, e o máis miúdo, un pobo poderoso. Eu, Iavé, dareime présa para realizalo ó seu tempo” (Isaías 60:22).

Segundo o informe anual, para agosto de 2014 había 24 países con máis de cen mil testemuñas de Xehová cada un, incluído Venezuela, que acadou esta cifra en 2007. Arredor do mundo, hai un total de 8.201.545 evanxelizadores distribuídos en 115.416 congregacións de testemuñas de Xehová.

Países que contan con máis de 100.000 evanxelizadores

Continente

País

Evanxelizadores

África

Angola

108.607

Ghana

125.443

Nixeria

362.462

República Democrática do Congo

216.024

Zambia

178.481

Asia

Corea do Sur

100.641

Filipinas

196.249

Xapón

215.703

Europa

Alemaña

166.262

España

112.493

Francia

127.961

Italia

251.650

Polonia

123.177

Reino Unido

138.515

Rusia

171.268

Ucraína

150.906

América do Norte

Canadá

116.312

Estados Unidos

1.243.387

México

829.523

América do Sur

Arxentina

150.171

Brasil

794.766

Colombia

166.049

Perú

123.251

Venezuela

140.226