Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Atlanta recibe as testemuñas de Xehová

Atlanta recibe as testemuñas de Xehová

“Gustaríame felicitar os membros da súa organización polo empeño que poñen en servir o Reino de Deus. Valoramos e agradecemos moito os seus esforzos a favor doutras testemuñas de Xehová e da nosa comunidade.”

Estas foron as palabras de Kasim Reed, alcalde de Atlanta (Georgia, Estados Unidos), nunha carta que escribiu para dar a benvida ás testemuñas de Xehová que asistiron a tres grandes congresos que se celebraron nesa cidade.

O concello de Atlanta tamén emitiu un comunicado para dar a benvida ós asistentes a estes eventos. Este comunicado dicía: “Hai preto de oito millóns de testemuñas de Xehová en todo o mundo, de centos de razas e idiomas diferentes, pero unidos polos mesmos obxectivos; sobre todo, queren honrar a Xehová, o Deus da Biblia e o Creador de tódalas cousas”.

Estes tres congresos celebráronse en xullo e agosto de 2014, e asistiron invitados de polo menos 28 países. Un deles foi en español, e os outros dous en inglés. O programa en inglés foi traducido de maneira simultánea ó ruso e ó xaponés. A asistencia total dos tres congresos foi de 95.689.

No 2014, as Testemuñas de Xehová organizaron 24 congresos internacionais en nove países, dos cales 16 tiveron lugar en diferentes cidades dos Estados Unidos.