Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Galería de fotos das obras en Warwick (maio a agosto de 2015)

Galería de fotos das obras en Warwick (maio a agosto de 2015)

Nesta galería de imaxes poderás ver como marcha a obra da nova sede central das Testemuñas de Xehová, e mailos traballos realizados polos voluntarios de construción entre maio e agosto de 2015.

Vista do futuro complexo de Warwick no sentido das agullas do reloxo:

  1. Taller mecánico

  2. Aparcadoiro para visitantes

  3. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

  4. Edificio de vivendas B

  5. Edificio de vivendas D

  6. Edificio de vivendas C

  7. Edificio de vivendas A

  8. Edificio de oficinas e servizos

6 de maio de 2015. Complexo de Warwick

Un operario prepárase para instalar un dispositivo no fondo da lagoa de Sterling Forest (Lagoa Azul). Este aparello impide que se depositen sedimentos ou lixo enriba do sumidoiro instalado na lagoa.

6 de maio de 2015. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

O equipo que traballa na estrutura aplica formigón proxectado nos antepeitos do tellado do edificio de mantemento. O proceso de aplicación deste material é máis rápido có doutros produtos similares.

15 de maio de 2015. Complexo de Warwick

Unha fotógrafa do Departamento de Documentación fotografía a obra. O Consello Reitor das Testemuñas de Xehová examina as fotos tódalas semanas a fin de estar ó tanto dos pogresos realizados no proxecto.

30 de maio de 2015. Complexo de Tuxedo

Un matrimonio de voluntarios procedentes do sur de California chegan para traballar no Departamento de Fontanería. Están entre os centos de voluntarios que chegaron aquel día a Tuxedo, onde se atopa o centro de operacións que dá apoio á obra de Warwick. O 1 de agosto, chegaron 707 voluntarios para colaborar co proxecto, unha cifra récord.

9 de xuño de 2015. Edificio de vivendas B

Os traballadores duha empresa externa utilizan unha grúa para elevar e colocar un panel da fachada. Este foi o último edificio de vivendas no que se instalaron tanto os paneis de formigón como as fiestras.

16 de xuño de 2015. Edificios de vivendas C e D

Unha empresa externa encárgase de instalar unha pasarela que conecta os edificios de vivendas C e D.

25 de xuño de 2015. Edificio de vivendas C

Os xardineiros colocan céspede na zona oeste do complexo.

2 de xullo de 2015. Complexo de Warwick

O equipo que traballa na estrutura reforma o desaugadoiro principal, que facilita o funcionamento da represa. A estrutura orixinal data da década de 1950. Debido ás treboadas e fortes choivas que se producen na zona, estas obras son necesarias para evitar un posible asolagamento tanto do complexo de Warwick coma das propiedades veciñas.

15 de xullo de 2015. Edificio de vivendas A

A fin de evitar aglomeracións na obra, algúns traballos en interiores, como por exemplo a pintura ou o revestimento da tubaxe, continúan pola noite. Durante a segunda quenda, centos de voluntarios traballan desde as tres da tarde ata as dúas da mañá.

20 de xullo de 2015. Edificio de vivendas D

Un membro do equipo de HVAC (calefacción e refrixeración) ensina a unha compañeira a illar tubos.

21 de xullo de 2015. Edificio de vivendas B

Pintan a pasarela que comunica o edificio de vivendas B co edificio de mantemento.

27 de xullo de 2015. Complexo de Tuxedo

Ducias de voluntarios agardan nun dos aparcadoiros a que os leven a Warwick. Para o transporte dos voluntarios emprégase unha frota de autobuses.

27 de xullo de 2015. Complexo de Tuxedo

Tres traballadores de Warwick cortando o pelo. Cada semana, fanse máis de catrocentos cortes de pelo nas barberías de Tuxedo, Warwick e no almacén de Montgomery.

3 de agosto de 2015. Complexo de Warwick

No xacemento xeotérmico colócanse moldes para enchelos de formigón. Un sistema suplementario de 120 pozos duns 150 metros de profundidade que subministrará calefacción no inverno e refrixeración no verán. A enerxía xeotérmica reduce tanto os custes coma o impacto medioambiental do complexo.

7 de agosto de 2015. Montgomery (Nova York)

Recepción e clasificación de subministros segundo o seu uso na obra de Warwick.

14 de agosto de 2015. Tuxedo Park (Nova York)

Unha parella de voluntarios de Warwick (segunda e terceiro dende a dereita) desfruta dunha comida cunha familia. Varias familias de testemuñas de Xehová coma esta abriron as portas das súas casas para aloxar os voluntarios da obra.

17 de agosto de 2015. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

Un traballador comproba o grao de desnivel cun nivel topográfico.

20 de agosto de 2015. Edificio de oficinas e servizos

Xa está rematada a instalación das fiestras da recepción principal, onde se dará a benvida ós visitantes.

26 de agosto de 2015. Complexo de Warwick

Entre os meses de maio e agosto, quedaron colocados os paneis de formigón e mailos tellados do último edificio de vivendas, o edificio B. Tamén quedaron instaladas tódalas pasarelas entre os distintos edificios e comezaron varios proxectos de acondicionamento da zona do xardín.