As Testemuñas de Xehová están construíndo novos edificios e renovando algunhas das instalacións na súa sede de Filipinas, na cidade de Quezón. Debido a que as publicacións para Filipinas agora se imprimen na sucursal do Xapón, utilizaranse as instalacións da antiga imprenta para albergar os departamentos de Deseño e Construción (LDC), Informática, Mantemento, Envíos, e Tradución. Nesta galería de fotos poderás ver algúns dos traballos que se levan feito entre febreiro de 2014 e maio de 2015, tanto na antiga imprenta coma noutros edificios. Está previsto que o proxecto quede rematado en outubro de 2016.

Vista da sucursal de Filipinas. Os edificios e estruturas que se están construíndo ou renovando inclúen:

  • Edificio 4 (vivendas)

  • Edificio 5 (Audiovisuais e Servizo)

  • Edificio 6 (Xardinería, Taller mecánico, Soldadura)

  • Edificio 7 (Informática, LDC, Mantemento, Envíos, Tradución)