Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Galería de fotos das obras en Warwick (maio a agosto de 2014)

Galería de fotos das obras en Warwick (maio a agosto de 2014)

As testemuñas de Xehová están a construír a súa futura sede central en Warwick (Nova York). De maio a agosto de 2014, os voluntarios da obra fixeron avances significativos no edificio do taller mecánico, no edificio de oficinas e servizos, e nos edificios de vivendas C e D. Esta galería de imaxes mostra algúns dos traballos que se levaron a cabo durante estes meses tan cheos de actividade.

Vista do futuro complexo de edificios de Warwick. No sentido das agullas do reloxio:

  1. Taller mecánico

  2. Aparcadoiro para visitantes

  3. Edificio de mantemento e aparcadoiro para residentes

  4. Edificio de vivendas B

  5. Edificio de vivendas D

  6. Edificio de vivendas C

  7. Edificio de vivendas A

  8. Edificio de oficinas e servizos

1 de maio de 2014. Terreos de Warwick

Vista do Sterling Forest Lake (Blue Lake) tomada dende o suroeste en dirección norte. En primeiro plano, construíndo o soto do edificio de vivendas D. Máis preto do lago, estase a preparar a estrutura de formigón do edificio de vivendas C.

14 de maio de 2014. Planta externa de montaxe

Uns traballadores montan un cuarto de baño. Esta estrutura inclúe: sistema de ventilación, espazo para a bañeira, paredes, tubaxe e instalación eléctrica. Unha vez instalado dentro do edificio, quedará rematado.

22 de maio de 2014. Taller mecánico

Os fontaneiros traballando no soto. Durante o tempo que dure o proxecto, esta zona será utilizada para servir comidas ós aproximadamente quinientos traballadores. Ademais, neste edificio habilitaranse outras zonas como comedor con capacidade para trescentos máis. Cara ó final do proxecto, estes comedores temporais desmantelaranse e rematarase o taller mecánico.

2 de xuño de 2014. Taller mecánico

Un equipo estende unha terra tratada para botar na cuberta do tellado a fin de reducir o impacto medioambiental e favorecer o aforro de enerxía. As plantas absorben parte da choiva que cae e filtran os contaminantes da mesma.

5 de xuño de 2014. Edificio de oficinas e servizos

Este edificio, composto de tres partes, terá unha superficie total de 42.000 metros cadrados. Na imaxe, traballadores dunha empresa externa colocan varas de aceiro para reforzar os piares.

18 de xuño de 2014. Taller mecánico

Uns traballadores instalan tea asfáltica no tellado. Levan un arnés que os protexe en caso de caída.

24 de xuño de 2014. Edificio de vivendas C

Instalación de sistemas de calefacción, ventilación e aire acondicionado. Un 35% dos traballadores de Warwick son mulleres.

11 de xullo de 2014. Montgomery (Nova York)

Estas instalacións adquiríronse en febreiro de 2014, e utilízanse como almacén e como planta de montaxe. Teñen unha superficie total de 20.000 metros cadrados. Na parte superior dereita da imaxe, os cuartos de baño embalados e preparados para o seu envío.

24 de xullo de 2014. Edificio de vivendas C

En primeiro plano, fachada nordeste do edificio de vivendas C. Aquí vivirán uns douscentos traballadores voluntarios da futura sede central. Cada unha das vivendas terá unha superficie de entre 30 e 55 metros cadrados. Incluirá unha cociña pequena e un balcón.

25 de xullo de 2014. Edificio de mantemento e aparcadoiro de residentes

Preparación do terreo para a construción. Extremo superior esquerdo, unha trituradora de pedra procesa o material que será utilizado na construción. Para cando as obras rematen, levaranse excavado uns 260.000 metros cúbicos de terra. Cada día úsanse unha media de 23 camións coma o que se ve en primeiro plano.

30 de xullo de 2014. Taller mecánico

Sementando a azotea.

8 de agosto de 2014. Terreos de Warwick

Vista cara ó suroeste dende o brazo dunha grúa situada no edificio de oficinas. Embaixo á esquerda, o aparcadoiro para visitantes, que xa está rematado, énchese tódolos días cos coches dos traballadores voluntarios. Algúns deles viaxan ata doce horas para traballar tan só tres ou catro días.

13 de agosto de 2014. Taller mecánico

O comedor provisional está case rematado. Grazas a uns monitores, que todavía non están instalados, e a uns altofalantes, os traballadores poderán ver e escoitar a retransmisión do comentario do texto bíblico diario e outros programas de contidos bíblicos que se emiten dende a nosa sede dos Estados Unidos.

14 de agosto de 2014. Edificio de oficinas e servizos

Botando o formigón da primeira planta. Á dereita da imaxe, un traballador utiliza un aparello que serve para eliminar as burbullas de aire do formigón a fin de que quede ben compacto.

14 de agosto de 2014. Edificio de oficinas e servizos

As canalizacións eléctricas do centro do edificio xa están preparadas. Quedarán enterradas debaixo do soto.

14 de agosto de 2014. Edificio de oficinas e servizos

O solo da primeira planta xa está case rematado. Botáronse uns 540 metros cúbicos de formigón, a meirande cantidade no que vai de proxecto. O formigón utilizado mesturouse nunha planta situada a pé de obra e fixeron falta oito formigoneiras e dúas bombas para levalo ata os edificios. Todo este traballo fíxose en cinco horas e media. No centro da foto, unha das torres onde irán as escaleiras.

14 de agosto de 2014. Edificio de vivendas C

Os voluntarios colocan un peitoril no tellado. Ó fondo, construción do soto do edificio de vivendas A.

15 de agosto de 2014. Edificio de vivendas C

Suben con grúa á terceira planta un cuarto de baño terminado. No proxecto de Warwick estanse a utilizar moitos elementos prefabricados. Deste xeito non é necesario contar con tantos traballadores dentro da obra e pódese traballar máis rápido.

20 de agosto de 2014. Edificio de vivendas C

Traballadores dunha empresa externa instalan paneis de formigón prefabricados de alta eficiencia enerxética. Este tipo de material xa vén tintado de fábrica e require moi pouco mantemento. É de rápida instalación, o cal contribúe a cumprir cos prazos do proxecto.

31 de agosto de 2014. Terreos de Warwick

Vista dende o suroeste. En primeiro plano, a estrutura do edificio de vivendas D segue avanzando. Detrás, vista do edificio de vivendas C, que está a piques de rematarse.