Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Que opinan as testemuñas de Xehová da unión de fes?

Que opinan as testemuñas de Xehová da unión de fes?

Como testemuñas de Xehová, desfrutamos falando de temas relixiosos con xente de tódalas relixións. Non obstante, non practicamos a unión de fes, é dicir, non nos unimos no culto a Deus que practican as persoas doutras crenzas. A Biblia ensina que unha clave para que os cristiáns estean unidos é compartir o mesmo conxunto de crenzas relixiosas (Efesios 4:16; 1 Corintios 1:10; Filipenses 2:2). Isto implica algo máis que estarmos de acordo en valores fundamentais como a importancia do amor, a compaixón e o perdón. As nosas crenzas son froito dunha profunda investigación das ensinanzas da Biblia. Sen este coñecemento, a nosa fe non serviría de nada (Romanos 10:2, 3).

A Biblia compara adorar a Deus xunto a xente doutras crenzas con estar baixo un xugo desigual e, por tanto, prexudicial para a fe dun cristián (2 Corintios 6:14-17). Por iso Xesús non lles permitiu practicar a unión de fes ós seus discípulos (Mateo 12:30; Xoán 14:6). Do mesmo xeito, a lei que Deus deu a través de Moisés prohibíalles ós israelitas daquel tempo unirse ós pobos veciños na adoración dos seus deuses (Éxodo 34:11-14). Máis tarde, os israelitas fieis rexeitaron unha oferta de axuda que crearía alianzas relixiosas con xente que tiña outras crenzas (Esdras 4:1-3).

Falan as testemuñas de Xehová con xente doutras crenzas?

Si. De feito esforzámonos por achegar a nosa mensaxe a xente doutras crenzas. Por exemplo, no ano 2017 dedicamos 2.046.000.202 horas a este labor. Coma o apóstolo Paulo, cando predicamos queremos entender as crenzas e a forma de pensar do maior número de persoas posible (1 Corintios 9:19-22). Nas nosas conversas, esforzámonos por aplicar o consello da Biblia de tratar con respecto a outra persoa (1 Pedro 3:15).