Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Aceptan atención médica as testemuñas de Xehová?

Aceptan atención médica as testemuñas de Xehová?

Si, as testemuñas de Xehová aceptamos medicamentos e atención médica. Aínda que tratamos de ter boa saúde, hai veces que precisamos ir ó médico (Lucas 5:31). De feito, hai testemuñas de Xehová que son médicos, igual que o era Lucas, un cristián do primeiro século (Colosenses 4:14).

Agora ben, algúns tratamentos médicos entran en conflito cos principios da Biblia, e por iso os rexeitamos. Por exemplo, non aceptamos transfusións de sangue porque a Biblia manda absterse de sangue (Feitos 15:20). Ademais, a Biblia prohíbe tratamentos médicos relacionados co ocultismo (Gálatas 5:19-21).

Non obstante, a inmensa maioría dos tratamentos médicos non contradicen os principios da Biblia, polo que cada testemuña de Xehová toma a súa decisión sobre eles. Poida que un decida aceptar un tratamento médico, mentres que outro o rexeite (Gálatas 6:5).