Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Son cristiás as testemuñas de Xehová?

Son cristiás as testemuñas de Xehová?

Si. Somos cristiáns polas seguintes razóns:

  • Esforzámonos moito por seguir as ensinanzas e imitar a forma de ser de Xesucristo (1a Pedro 2:21).

  • Cremos que Xesús é fundamental para a nosa salvación “porque non hai ningún outro nome baixo do ceo, dado ós homes, no que nos poidamos salvar” (Feitos 4:12).

  • Cando chegamos a ser testemuñas de Xehová, bautizámonos no nome de Xesús (Mateo 28:18, 19).

  • Oramos no nome de Xesús (Xoán 15:16).

  • Cremos que Xesús ten autoridade sobre tódalas persoas (1a Corintios 11:3).

Non obstante, hai algunhas cousas que nos distinguen doutros grupos relixiosos tamén chamados cristiáns. Por exemplo, cremos que a Biblia ensina que Xesús é o Fillo de Deus, non parte dunha trindade (Marcos 12:29). Non cremos que a alma sexa inmortal, nin que a Biblia diga que Deus tortura as persoas no inferno pola eternidade, nin que os líderes relixiosos deban ser tratados coma se fosen superiores ós demais (Eclesiastés 9:5; Ezequiel 18:4; Mateo 23:8-10).