Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Predican de casa en casa as testemuñas de Xehová para gañar a súa salvación?

Predican de casa en casa as testemuñas de Xehová para gañar a súa salvación?

Non. Sabemos que non gañamos a nosa salvación por predicar de casa en casa (Efesios 2:8). Por que?

Imaxina que un home xeneroso promete darlle un regalo ben caro a tódolos que estean nun lugar e a unha hora que el diga. Se confiases en que o home cumprirá a súa promesa, non seguirías as súas instrucións? De feito, seguramente avisarías á tuá familia e amigos para que eles tamén puidesen recibir o regalo. Ora ben, un regalo é un regalo e non se pode gañar por seguir as instrucións de quen cho dá.

Do mesmo xeito, as testemuñas de Xehová cremos que Deus cumprirá a súa promesa de dar vida eterna a quen o obedeza (Romanos 6:23). E para que outros tamén se beneficien desta promesa, facemos o posible por compartir a nosa fe con eles. Pero non por iso cremos que imos gañar a salvación (Romanos 1:17; 3:28). De feito, ninguén pode facer o que se precisaría para gañar este extraordinario regalo de Xehová. “Salvounos non polas obras boas que nós fixemos, senón pola súa misericordia” (Tito 3:5).