Ideas equivocadas sobre nós

O que se pensa. As testemuñas de Xehová non celebrades o Nadal porque non credes en Xesús.

A realidade. Somos cristiáns, así que cremos que só e posible acadar a salvación por medio de Xesús (Feitos 4:12).

O que se pensa. Dividides as familias ó ensinarlles ós vosos membros que non deben celebrar o Nadal.

A realidade. Preocupámonos moito polas familias. Por iso promovemos os bos consellos que a Biblia dá para que as familias se manteñan unidas.

O que se pensa. Non vivides o “espírito do nadal”, que promove a xenerosidade, a paz, e facer o ben ós demais.

A realidade. Esforzámonos por ser xenerosos e pacíficos todo o ano (1a Timoteo 6:18; Romanos 12:18). A nosa predicación e as nosas reunións guíanse polo principio que deu Xesús: “Xa que de balde recibistes, dade de balde tamén” (Mateo 10:8). Ademais, ensinamos que a verdadeira esperanza de paz é o Reino de Deus (Mateo 10:7).

Por que non celebramos o Nadal?

  • Xesús mandounos conmemorar a súa morte, non o día en que naceu (Lucas 22:19, 20).

  • Os apóstolos e os primeiros discípulos de Xesús non celebraban o Nadal. De feito, segundo o Diccionario del cristianismo a festa do Nadal foi “instituída en Roma cerca do ano 330” n. e., máis de dous séculos despois da morte do derradeiro apóstolo.

  • Non hai probas de que Xesús nacese o 25 de decembro; a data do seu nacemento non aparece na Biblia.

  • Cremos que Deus non aproba o Nadal, xa que a orixe desta festa é pagá (2a Corintios 6:17).

Por que ides a contracorrente?

Moitos outros que tamén saben que o Nadal ten orixe pagá e non é unha ensinanza bíblica celébrano de todos modos. Esta xente podería preguntarse: “Por que razón os cristiáns non poden celebrar esta festa coma os demais? Por que darlle tanta importancia?”.

A Biblia anímanos a pensar por nós mesmos (1a Tesalonicenses 5:21). Ensínanos a valorar a verdade (Xoán 4:23, 24). Por iso, aínda que nos importa o opinión que outros teñen sobre nós, seguimos o que di a Biblia incluso se isto supón ir a contracorrente.

Nós non celebramos o Nadal, pero si respectamos o dereito que cada persoa ten a decidir sobre este asunto por si mesma. Por iso non impedimos que outros celebren o Nadal.