Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Por que van polas casas as testemuñas de Xehová?

Por que van polas casas as testemuñas de Xehová?

Xesús díxolles ós seus seguidores: “Facede discípulos meus a tódolos pobos” (Mateo 28:19, 20). Cando enviou ós seus primeiros discípulos a predicar, mandoulles ir polas casas (Mateo 10:7, 11-13). Trala morte de Xesús, os cristiáns do primeiro século seguiron a espallar a mensaxe “publicamente e polas casas” (Feitos 5:42; 20:20). Hoxe en día seguimos o exemplo daqueles primeiros cristiáns levando esta mensaxe de casa en casa, unha boa maneira de chegar a todo o mundo.