Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Que pensan do divorcio as testemuñas de Xehová?

Que pensan do divorcio as testemuñas de Xehová?

As testemuñas de Xehová guiámonos polas ensinanzas bíblicas sobre o matrimonio e o divorcio. Segundo a Biblia, Deus instituíu o matrimonio como unha unión permanente entre un home e unha muller. A única razón pola que a Biblia admite a posibilidade de divorcio é que un dos cónxuxes teña relacións sexuais fóra do matrimonio (Mateo 19:5, 6, 9).

Axudan as testemuñas de Xehová ós matrimonios con problemas?

Si, de varias maneiras:

Se unha testemuña de Xehová quere divorciarse, teñen que aprobalo os anciáns?

Non. Aínda que unha parella lles pida axuda, os anciáns non teñen dereito a dicirlles o que deben facer (Gálatas 6:5). Agora ben, se alguén decide divorciarse por unha causa diferente á que admite a Biblia, non podería ter responsabilidades na congregación. Tampouco cumpriría os requisitos bíblicos para volver casar (1 Timoteo 3:1, 5, 12).

Que pensan da separación as testemuñas de Xehová?

A Biblia recoméndalles ós cónxuxes que sigan xuntos aínda que a situación non sexa a ideal (1 Corintios 7:10-16). Os consellos bíblicos, o amor e a oración poden axudar ó matrimonio a resolver moitos problemas (1 Corintios 13:4-8; Gálatas 5:22).

Non obstante, é posible que algún cristián decida separarse do seu cónxuxe nas seguintes situacións excepcionais:

  • Negativa a manter a familia (1 Timoteo 5:8).

  • Violencia física extrema (Salmo 11:5).

  • Imposibilidade de participar nas actividades cristiás. Por exemplo, un dos cónxuxes podería decidir que a separación é a única forma de “obedecer a Deus antes cós homes” se o outro intenta obrigalo a desobedecer algunha norma ou mandato de Deus (Feitos 5:29).