Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Pagan o décimo as testemuñas de Xehová?

Pagan o décimo as testemuñas de Xehová?

Non, as testemuñas de Xehová non pagamos o décimo. O noso labor está financiado por doazóns voluntarias anónimas. Pero, que é o décimo? Por que non o pagan as testemuñas de Xehová?

O mandato de dar o décimo, ou contribuír a décima parte de todo o que se posúe, formaba parte da Lei da antiga nación de Israel. Pero a Biblia di que esta Lei, que inclúe o mandato de lle cobrar “unha décima parte ó pobo”, non aplica ós cristiáns (Hebreos 7:5, 18; Colosenses 2:13, 14).

No lugar de facer doazóns obrigatorias ou pagar cotas, as testemuñas de Xehová imitamos ós primeiros cristiáns e apoiamos a nosa obra de evanxelización de dúas maneiras: participamos na predicación sen cobrar un salario e facemos doazóns voluntarias.

Seguimos o consello que a Biblia lles dá ós cristiáns: “Que cadaquén dea segundo o que teña decidido no corazón, non contra gusto nin por compromiso, que Deus ama ó que dá con alegría” (2a Corintios 9:7).