Ir ó contido

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

Son as Testemuñas de Xehová unha seita norteamericana?

Son as Testemuñas de Xehová unha seita norteamericana?

A nosa sede central atópase nos Estados Unidos de América. Non obstante, podemos dicir que non somos unha seita norteamericana polas seguintes razóns:

  • Algúns definen seita como un grupo de persoas que se separaron dunha relixión. As Testemuñas de Xehová non nos separamos de ningún outro grupo relixioso. Máis ben intentamos recuperar o cristianismo que se practicaba no primeiro século.

  • As testemuñas de Xehová predicamos en máis de 230 países e territorios. Sen importar onde vivamos, somos leais a Xehová e a Xesucristo, non ó goberno dos Estados Unidos ou ó de calquera outro país (Xoán 15:19; 17:15, 16).

  • Tódalas nosas ensinanzas están baseadas na Biblia, non nos escritos de ningún líder relixioso dos Estados Unidos (1a Tesalonicenses 2:13).

  • Somos seguidores de Xesucristo, non de ningún ser humano (Mateo 23:8-10).