Ir ó contido

Por que as testemuñas de Xehová seguen vindo pola miña casa se lles dixen que non me interesa?

Por que as testemuñas de Xehová seguen vindo pola miña casa se lles dixen que non me interesa?

 Ás testemuñas de Xehová gústanos falar da Biblia con todos, mesmo con aqueles que nos dixeron que non estaban interesados. Por que? Porque amamos a Deus e ó próximo (Mateo 22:37-39). O amor a Deus motívanos a obedecer o mandato de seu Fillo de darlles testemuño a tódalas persoas (Feitos 10:42; 1 Xoán 5:3). Por iso seguimos levándolle a mensaxe de Deus á xente, igual que fixeron os profetas de Deus na antigüidade (Xeremías 25:4). O amor ó próximo motívanos a facer o posible por compartir a “Boa Nova do Reino”, mesmo con aqueles que nun principio nos dixeron que non lles interesaba a mensaxe, xa que pode salvar vidas (Mateo 24:14).

 Por outra banda, non é raro que atopemos persoas dispostas a escoitar nas casas onde previamente non estaban interesados. Vexamos por que:

  •   A xente cambia de casa.

  •   Outra persoa que vive na casa interésase pola mensaxe que levamos.

  •   As persoas cambian. O que pasa no mundo, ou as circunstancias persoais poden facer que alguén sinta a necesidade de buscar a Deus e querer coñecer a Biblia (Mateo 5:3). Mesmo quen nalgún momento se opuxo á nosa mensaxe pode cambiar de opinión, igual có apóstolo Paulo (1 Timoteo 1:13).

 Así e todo, non obrigamos a ninguén a escoitarnos (1 Pedro 3:15). Cremos que cada persoa é libre de decidir en materia de crenzas relixiosas (Deuteronomio 30:19, 20).