Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

De onde vén o nome testemuñas de Xehová?

De onde vén o nome testemuñas de Xehová?

Tal e como explica a Biblia, Xehová, ou Iavé, é o nome propio de Deus (Éxodo 6:3; Isaías 42:8). Unha testemuña é alguén que dá a coñecer feitos ou información da que está convencido.

Xa que a nosa principal labor é proclamar a verdade sobre Xehová, o Creador de tódalas cousas, o noso nome é testemuñas de Xehová (Apocalipse 4:11). Damos testemuño a outros por medio do noso modo de vida e compartindo con eles o que aprendemos na Biblia (Isaías 43:10-12; 1a Pedro 2:12).