Si. Tódalas testemuñas de Xehová predican, o que inclúe a millóns de mulleres. Tal e como predixo a Biblia, tamén hai mulleres que se encargan de portar a mensaxe bíblica (Xoel 2:28, 29).

As mulleres que son testemuñas de Xehová seguen o exemplo das mulleres fieis que aparece na Biblia (Proverbios 31:10-31). Aínda que non ocupan postos de responsabilidade na congregación, si participan con entusiasmo na predicación pública. Tamén lles ensinan os principios da Biblia ós seus fillos (Proverbios 1:8). Por medio das súas palabras e accións esfórzanse por ser unha influencia positiva para todos (Tito 2:3-5).