Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Realizan labores de socorro as testemuñas de Xehová?

Realizan labores de socorro as testemuñas de Xehová?

Si, as testemuñas de Xehová a miúdo socorremos ás vítimas de catástrofes. Axudamos tanto ós que pertencen á nosa relixión coma os que non, tal e como manda a Biblia en Gálatas 6:10: “Fagamos ben a todos, mentres temos tempo, maiormente ós nosos irmáns na fe”. Tamén consolamos as vítimas coa mensaxe da Biblia e dámoslles o apoio emocional que precisan neses intres tan difíciles (2a Corintios 1:3, 4).

Organización

Tras unha catástrofe, os anciáns da zona afectada intentan contactar con tódolos membros da súa congregación para comprobar que todos están ben e saber se necesitan algo. Os anciáns informan á sucursal da situación e da axuda inicial que se prestou.

Se as congregacións da zona non poden subministrar toda a axuda que se precisa, o Consello Reitor das testemuñas de Xehová encárgase de que se reciba todo o necesario. Así coidan uns dos outros, como fixeron os cristiáns do primeiro século (1a Corintios 16:1-4). A sucursal da zona afectada pola catástrofe organiza comités para coordinar as labores de socorro. Testemuñas doutras zonas ofrécense como voluntarios dando do seu tempo e recursos (Proverbios 17:17).

Fondos

As doazóns que as diferentes sucursais reciben úsanse para axudar as vítimas que o precisan (Feitos 11:27-30; 2a Corintios 8:13-15). Como os voluntarios que colaboran nas tarefas de socorro non reciben ningunha compensación económica, tódolos fondos son destinados a socorrer as vítimas. Tódalas doazóns adminístranse con moito coidado (2a Corintios 8:20).