A nosa obra finánciase principalmente coas doazóns voluntarias que fan as testemuñas de Xehová. Nas nosas reunións non se fan colectas, e ninguén está obrigado a dar o décimo (Mateo 10:7, 8). De feito, hai caixas de doazóns nas nosas Salas de Reunións para que calquera que o desexe poida facer unha doazón. Os donativos son sempre anónimos.

Como non pagamos un salario a unha clase clerical, os nosos gastos son razoables. Ademais, ningunha testemuña de Xehová cobra por predicar de casa en casa, e os lugares onde nos reunimos son modestos.

Tódalas doazóns son enviadas ás sucursais das Testemuñas de Xehová para que se poidan empregar en axudar ás vítimas de catástrofes naturais, apoiar os misioneros e outros voluntarios que teñen que viaxar, colaborar na construción de Salas de Reunións en países menos favorecidos, e para imprimir e distribuír Biblias e outras publicacións cristiás.

Cada un decide se quere facer unha doazón para axudar cos gastos locais, apoiar a nosa obra polo mundo, ou ámbalas dúas. Cada congregación con regularidade presenta informes contables ós seus membros.