Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Como é un curso da Biblia?

Como é un curso da Biblia?

As testemuñas de Xehová ofrecen cursos da Biblia que responden moitas preguntas, como por exemplo:

  • Quen é Deus?

  • De verdade se preocupa Deus por min?

  • Que bos consellos ten a Biblia para os matrimonios?

  • Como podo ter unha vida máis feliz?

Aquí presentamos algunhas preguntas frecuentes acerca dos nosos cursos da Biblia.

Cal é o método que segue o curso? Imos estudando tema a tema, como por exemplo “Deus” ou “matrimonio”, e analizamos diferentes versículos da Biblia relacionados co tema elixido. Comparámolos para ver o que a Biblia ensina sobre ese aspecto, e así deixamos que se interprete a si mesma.

Como axuda ó estudo, usamos o libro Que ensina realmente a Biblia?. Este libro explica de xeito sinxelo o que a Biblia di sobre temas como Deus, Xesús, o noso futuro, e moitos outros.

Canto custa o curso? Tanto o curso coma os materiais que se utilizan son gratis.

Canto dura cada clase? Moita xente aparta unha hora cada semana para estudar a Biblia. Pero adaptamos o tempo de estudo ó teu horario.

Que pasa se pido un curso da Biblia? Se solicitas un curso da Biblia, unha testemuña de Xehová visitarate á hora e no lugar que prefiras para explicarche, nuns minutiños, como facemos o curso. Se che gusta, poderás continuar estudando.

Terei que facerme testemuña de Xehová se empezo a estudar? Non. As testemuñas de Xehová ensinamos o que di a Biblia, pero nunca obrigamos a ninguén a facerse da nosa relixión. De feito, o único que facemos é expoñer as ensinanzas da Biblia, pero recoñecendo que logo cada un ten o dereito a escoller as súas crenzas (1a Pedro 3:15).