Ir ó contido

Practican o que predican

Practican o que predican

 En Alberta (O Canadá), Bob conducía a súa furgoneta a uns 100 km/h nun día frío e con moito vento. De súpeto, picou unha roda traseira. Nun primeiro momento non sabía o que pasara e seguiu conducindo camiño da súa casa, que estaba a uns cinco quilómetros.

 Nunha carta dirixida á Sala de Reunións das Testemuñas de Xehová da súa zona, Bob explica o que pasou despois: “Mentres ía conducindo, achegóuseme un coche no que ían cinco rapaces. Baixaron a súa fiestra e fixéronme acenos para indicarme que levaba unha roda picada. Paramos os coches na beiravía e ofrecéronse a cambiala. Eu nin sequera sabía se levaba roda de reposto e gato. Mentres estaba sentado na miña cadeira de rodas na beira da autoestrada, metéronse debaixo da furgoneta, colleron o gato maila roda e cambiárona. Aínda que ía moito frío, nevaba e levaban roupa elegante, estiveron dispostos a axudarme, e así puiden seguir o meu camiño. Eu só non podería facer ese traballo.

 ”Agradézolles moito a axuda que me deron. Nese momento ían falar das súas crenzas polas casas. Está claro que estes rapaces tan riquiños practican o que predican, literalmente. Salváronme dunha situación moi complicada, e agradézollelo de verdade. Quen sabe se Deus non os mandou para me axudar ese día.”