Galego
Que pensan do divorcio as testemuñas de Xehová?
https://cms-imgp.jw-cdn.org/img/p/502017101/univ/art/502017101_univ_sqr_xl.jpg
ijwfq artigo 54

Que pensan do divorcio as testemuñas de Xehová?

Que pensan do divorcio as testemuñas de Xehová?

 As testemuñas de Xehová guiámonos polas ensinanzas bíblicas sobre o matrimonio e o divorcio. Segundo a Biblia, Deus instituíu o matrimonio como unha unión permanente entre un home e unha muller. A única razón pola que a Biblia admite a posibilidade de divorcio é que un dos cónxuxes teña relacións sexuais fóra do matrimonio (Mateo 19:5, 6, 9).

Axudan as testemuñas de Xehová ós matrimonios con problemas?

 Si, de varias maneiras:

Se unha testemuña de Xehová quere divorciarse, teñen que aprobalo os anciáns?

 Non. Aínda que unha parella lles pida axuda, os anciáns non teñen dereito a dicirlles o que deben facer (Gálatas 6:5). Agora ben, se alguén decide divorciarse por unha causa diferente á que admite a Biblia, non cumpriría os requisitos bíblicos para volver casar (1 Timoteo 3:1, 5, 12).

Que pensan da separación as testemuñas de Xehová?

 A Biblia recoméndalles ós cónxuxes que sigan xuntos aínda que a situación non sexa a ideal (1 Corintios 7:10-16). Os consellos bíblicos, o amor e a oración poden axudar ó matrimonio a resolver moitos problemas (1 Corintios 13:4-8; Gálatas 5:22).

 Non obstante, é posible que algún cristián decida separarse do seu cónxuxe nas seguintes situacións excepcionais:

  •   Negativa a manter a familia (1 Timoteo 5:8).

  •   Violencia física extrema (Salmo 11:5).

  •   Imposibilidade de participar nas actividades cristiás. Por exemplo, un dos cónxuxes podería decidir que a separación é a única forma de “obedecer a Deus antes cós homes” se o outro intenta obrigalo a desobedecer algunha norma ou mandato de Deus (Feitos 5:29).