Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

Vídeos de introdución a libros da Biblia

Información básica de cada libro da Biblia.

Introdución a Esdras

Xehová mantén a súa promesa de liberar o seu pobo do exilio en Babilonia e de restaurar a adoración verdadeira en Xerusalén.

Introdución a Nehemías

O libro bíblico contén leccións valiosas para tódolos servos de Deus dos nosos días.

Introdución a Ester

O intenso relato do libro de Ester fortalecerá a nosa fe na capacidade de Xehová para liberar o Seu pobo de calquera situación difícil.

Introdución a Xob

Tódolos que aman a Xehová pasarán por probas. O relato de Xob asegúranos que podemos ser fieis a Deus e apoiar a súa soberanía.

Introdución a Salmos

Os Salmos apoian a soberanía de Xehová, axudan e dan consolo a quen o ama, e explica como vai cambiar este mundo grazas ó Seu Reino.

Introdución a Proverbios

Atopa bos consellos para calquera aspecto da vida como, por exemplo, os negocios ou a felicidade familiar.

Introdución a Eclesiastés

O rei Salomón destaca o que realmente importa na vida, contrastándoo co que non é sabio dende o punto de vista de Deus.

Introdución a Cantar dos Cantares

O amor incondicional dunha rapaza xulamita por un pastor descríbese como a “divina labarada”. Por que?

Introdución a Isaías

As profecías do libro de Isaías fortalecerán a túa confianza no Deus salvador que sempre cumpre as súas promesas.

Introdución a Xeremías

Xeremías continuou co seu labor de profeta malia as dificultades. Como nos pode axudar o seu exemplo?

Introdución a Lamentacións

No libro de Lamentacións, o profeta Xeremías expresa a súa dor pola destrución de Xerusalén e mostra que a misericordia divina é posible grazas ó arrepentimento.

Introdución a Ezequiel

Ezequiel levou a cabo a tarefa que Deus lle encomendara con humildade e coraxe sen importar as dificultades. O seu exemplo é moi valioso para nós.

Introdución a Daniel

Daniel e os seus compañeiros permaneceron leais a Xehová baixo toda circunstancia. Neste tempo da fin, podemos aprender do seu exemplo e do cumprimento das profecías deste libro.

Introdución a Oseas

O libro profético de Oseas contén importantes leccións para nós sobre a misericordia que Xehová mostra ós pecadores arrepentidos e o tipo de adoración que desexa.

Introdución a Xoel

Xoel profetizou acerca do día de Xehová e indicou a clave para sobrevivir. As súas profecías son de moita importancia para os nosos días.

Introdución a Amós

Xehová encargoulle unha importante tarefa a este home humilde. Que podemos aprender do exemplo de Amós?

Introdución a Abdías

Abdías é o libro máis curto das Escrituras Hebreas, ou Antigo Testamento. Ofrece esperanza e promete vindicar a soberanía de Xehová.

Introdución a Xonás

O profeta Xonás aceptou a corrección divina, cumpriu a súa responsabilidade e aprendeu unha importante lección sobre o amor e a misericordia de Deus. Un relato conmovedor.

Introdución a Miqueas

Esta profecía escrita por inspiración divina axúdanos a confiar en que todo o que Xehová nos pide é razoable e bo para nós.

Introdución a Nahúm

O cumprimento desta profecía axúdanos a confiar en que Xehová sempre cumpre a súa palabra e consola a quen busca paz e salvación no seu Reino.

Introdución a Habacuc

Podemos estar seguros de que Xehová é quen mellor sabe como e cando salvar o seu pobo.

Introdución a Sofonías

Por que debemos evitar pensar que non está próximo o día de Xehová?

Introdución a Axeo

O libro de Axeo destaca a importancia de darlle prioridade a Deus por riba dos nosos intereses persoais.

Introdución a Zacarías

En tempos pasados, as visións e as profecías deron folgos ó pobo de Deus. Na actualidade, seguen darnos confianza en que contamos co apoio de Xehová.

Introdución a Malaquías

Trata sobre a misericordia, o amor e os principios invariables de Deus. Este libro tamén pode axudarnos a afrontar algunhas situacións hoxe en día.

Introdución a Mateo

Descubre algúns datos do libro bíblico de Mateo, o primeiro dos catro evanxeos.

Introdución a Marcos

O Evanxeo de Marcos é o máis breve. Nas súas páxinas podemos ver como será Xesús na súa función de rei do Reino de Deus.

Introdución a Lucas

Descubre información única acerca de Xesús no relato de Lucas

Introdución a Xoán

Xoán destaca o amor de Xesús pola humanidade, o seu exemplo de humildade, e o seu papel como o Mesías, o futuro rei do Reino de Deus.

Introdución a Feitos dos apóstolos

Os primeiros cristiáns traballaron sen descanso para facer discípulos de tódolos pobos. A lectura do libro dos Feitos renova o noso entusiasmo e fervor pola obra de predicar.

Introdución a Romanos

Ensínanos que Xehová non mostra favoritismo e que é importante ter fe en Xesucristo.

Introdución a 1 Corintios

Esta carta de Paulo inclúe consellos de parte de Deus sobre a unidade, as normas morais, o amor e a esperanza da resurrección.