Bible Students, 1870’s

First issue of The Watchtower, 1879

La Atalaya hoxe en día

A Biblia predixo que, despois de morrer Xesús, entre os cristiáns aparecerían mestres falsos que corromperían a verdade da Biblia (Feitos 20:29, 30). Chegado o momento, pasou exactamente iso. Aquelas persoas mesturaron o que Xesús ensinou con ideas relixiosas pagás, dando lugar a un cristianismo falso (2Timoteo 4:3, 4). Por iso, como podemos estar seguros de que entendemos ben o que ensina realmente a Biblia?

Chegou o momento que Xehová tiña marcado para revelar a verdade. Foi Deus quen predixo que durante o tempo do fin aumentaría o coñecemento da verdade (Daniel 12:4). No ano 1870, un grupiño de persoas preocupadas por atopar a verdade caeu na conta de que a Biblia non apoiaba moitas das doutrinas das igrexas. Así que comezaron a buscar as ensinanzas orixinais da Biblia, e Xehová bendiciunos coa perspicacia espiritual necesaria para atopalas.

Homes sinceros estudaron a Biblia a fondo. Os Estudantes da Biblia, como se nos coñecía entón, seguiron un método de estudo que aínda utilizamos: analizar a Biblia por temas. Cando atopaban unha pasaxe difícil de entender, buscaban outros versículos que axudasen a explicala. E, ó chegar a unha conclusión que estivese de acordo co resto das Escrituras, escribíana. Deixando que a Biblia se interpretase a si mesma, conseguiron desenterrar a verdade sobre o nome de Deus e o seu Reino, o seu propósito para a humanidade e a Terra, o que pasa ó morrer, e a esperanza da resurrección. Esta busca liberounos de moitas crenzas e ritos falsos (Xoán 8:31, 32).

En 1879, os Estudantes da Biblia chegaron á conclusión de que tiñan que dar a coñecer a verdade ó máximo número de persoas posible. Así que nese mesmo ano publicaron o primeiro número da revista que actualmente se titula La Atalaya–Anunciando el Reino de Jehová. Hoxe en día compartimos coa xente a verdade da Biblia en 240 países e territorios en máis de setecentos cincuenta idiomas. Nunca tanto se soubera da verdade da Biblia!

  • Que pasou coa verdade da Biblia despois de morrer Xesús?

  • Como conseguimos desenterrar a verdade da palabra de Deus?