Illas Salomón

Canadá

Suráfrica

A familia Betel conta con varios departamentos que traballan coa finalidade de apoiar a predicación de un ou máis países. Poden estar en equipos de tradución, en talleres de impresión ou encadernación, en tarefas de distribución das nosas publicacións, na produción de materiais audiovisuais, ou atendendo outras cuestións.

Un Comité de Sucursal supervisa as actividades. O Consello Reitor confíalle a supervisión de cada sucursal a un equipo formado por tres ou máis anciáns competentes chamado Comité de Sucursal. Este Comité mantén informado ó Consello Reitor de como van as cousas na zona que atende, e dos problemas que poidan xurdir. Esta información axúdalle ó Consello Reitor a decidir que temas sería bo tratar en futuras publicacións, reunións e congresos. Cada certo tempo, o Comité de Sucursal recibe a visita dun representante da sede central que lles axuda a atender mellor as súas responsabilidades (Proverbios 11:14). Durante a visita, celébrase unha reunión especial na que o representante dá unha conferencia para animar ós irmáns que viven na zona atendida pola sucursal.

Dáse apoio ás congregacións. A sucursal ocúpase de aprobar a formación de novas congregacións e de dirixir a labor dos pioneiros, misioneiros e responsables de circuíto. Tamén organiza os congresos, coordina a construción de novos locais de reunión, e envía as publicacións que as congregacións necesiten. Todo o que se fai nunha sucursal contribúe a que a predicación se leve a cabo de xeito organizado (1Corintios 14:33, 40).

  • Como axudan os Comités de Sucursal ó Consello Reitor?

  • Que tarefas se realizan nunha sucursal?