Malaui

Reunión para predicar

Predicación

Reunión de anciáns

As Escrituras Gregas Cristiás falan moito de Bernabé e do apóstolo Paulo. Estes homes eran responsables de visitar as primeiras congregacións cristiás. Por que o facían? Porque se preocupaban de verdade polos seus irmáns. Paulo dixo que quería volver visitalos para ver como lles ía. Estaba desexando ir onda eles para axudarlles a fortalecer a súa fe, e non lle importaba ter que viaxar centos de quilómetros (Feitos 15:36). Este mesmo desexo é o que teñen os responsables que nos visitan hoxe en día.

Veñen para animarnos. Cada responsable de circuíto visita unhas vinte congregacións, botando unha semana en cada unha delas dúas veces ó ano. A súa experiencia e a das súas mulleres, se están casados, pode axudarnos moito. Ámbolos dous esfórzanse por coñecer tanto ós novos coma ós maiores, e gústalles moito ir con nós a predicar e a dar cursos da Biblia. Estes responsables tamén fan visitas xunto cos anciáns para animar ós membros da congregación, e presentan conferencias entusiastas nas reunións e nos congresos para fortalecer a nosa fe (Feitos 15:35).

Demostran o seu interese por todos nós. Os responsables de circuíto están profundamente interesados na saúde espiritual das congregacións. Reúnense cos anciáns e cos servos ministeriais para repasar xuntos como vai a congregación, e para darlles consellos útiles sobre como atender ben as súas responsabilidades. Tamén axudan ós pioneiros a conseguir bos resultados na súa labor, e gústalles moito coñecer ós novos membros da congregación e saber como van avanzando no seu coñecemento e aplicación dos consellos da Biblia. Todos estes irmáns dan de si mesmos de xeito altruísta, como compañeiros que queren o mellor para nós (2Corintios 8:23). Todos nós deberiamos imitar a súa fe e devoción por Deus (Hebreos 13:7).

  • Para que visitan as congregacións os responsables de circuíto?

  • Como podes aproveitar as súas visitas?