Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?

 LECCIÓN 21

Que é Betel?

Que é Betel?

Departamento de Arte (Estados Unidos)

Alemaña

Kenya

Colombia

Betel é unha palabra hebrea que significa “casa de Deus” (Xénese 28:17, 19). É un nome moi axeitado para as instalacións que as testemuñas de Xehová temos por todo o mundo para dirixir e apoiar a predicación. O Consello Reitor serve na sede central, situada no estado de Nova York (Estados Unidos), e dende aí supervisa as actividades das sucursais que temos noutros moitos países. Como colectivo, os que traballan nestes lugares son coñecidos como familia Betel, porque viven, traballan, comen, e estudan a Biblia coma unha familia: xuntos e unidos (Salmo 133:1).

Un lugar único onde os membros da familia dan de si mesmos. Tódalas familias Betel están formadas por homes e mulleres cristiáns dedicados a facer a vontade de Deus e a traballar polo Reino a xornada completa (Mateo 6:33). Aínda que ningún deles recibe un salario, todos teñen comida e aloxamento, ademais de contar cunha pequena axuda para gastos persoais. Todos teñen unha tarefa asignada: algúns nas oficinas, a cociña ou o comedor; outros en talleres de imprenta ou de encadernación; e outros na lavandería, no mantemento ou limpeza das instalacións, ou ocupándose doutras cousas.

Un lugar cheo de actividade que impulsa a predicación do Reino. O principal obxectivo de cada Betel é levar a verdade da Biblia ó maior número de persoas posible. Este folleto éche un bo exemplo: redactouse baixo a supervisión do Consello Reitor, mandouse en formato electrónico a centos de equipos de tradución de todo o mundo, imprimiuse nas prensas rotativas de alta velocidade que temos en varias sucursais, e enviouse a máis de cento dez mil congregacións. En cada etapa deste proceso, as familias Betel fan un traballo imprescindible para apoiar a labor máis urxente que hai: predicar as boas novas do Reino de Deus (Marcos 13:10).

  • Quen traballa en Betel, e como se atenden as súas necesidades?

  • Que urxente labor se está apoiando co traballo de cada Betel?