Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?

 LECCIÓN 12

Como está organizada a nosa predicación?

Como está organizada a nosa predicación?

España

Bielorrusia

Hong Kong

Perú

Pouco antes de morrer, Xesús fixo a seguinte declaración: “Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a tódolos pobos. Entón será a fin” (Mateo 24:14). Pero, como se conseguiría facer esa predicación a escala mundial? Pois seguindo o modelo que Xesús marcou mentres estivo na Terra (Lucas 8:1).

Tratamos de falar coa xente nas súas casas. Xesús ensinoulles ós seus discípulos a predicar as boas novas polas casas (Mateo 10:11-13; Feitos 5:42; 20:20). A aqueles primeiros evanxelizadores indicábanselles as zonas concretas nas que tiñan que predicar (Mateo 10:5, 6). Do mesmo xeito, hoxe nós tamén temos ben organizada a nosa predicación e cada congregación ocúpase dunha zona. Isto axúdanos a cumprir o mandato de Xesús de predicar á xente toda (Feitos 10:42).

Facemos por atopar á xente onde queira que estea. Xesús tamén puxo o exemplo predicándolle á xente en lugares públicos, como nas ribeiras ou onda os pozos (Marcos 4:1; Xoán 4:5-15). Nós tamén tratamos de falar da Biblia coa xente en tódolos sitios que podemos: nas rúas, nas tendas, nos parques, ou por teléfono. Cando é oportuno, tamén lles predicamos ós nosos familiares, veciños, e compañeiros de traballo ou de clase. Todos estes esforzos xuntos fan posible que millóns de persoas de todo o mundo poidan escoitar a mensaxe de salvación de parte de Deus (Salmo 96:2).

Hai alguén con quen che gustaría compartir as boas novas do Reino e todo o que estas poderían significar para a súa vida? Non podemos gardarnos esta mensaxe de esperanza só para nós! Compárteas cos demais en canto teñas a oportunidade.

  • Que “Boa Nova” hai que predicar?

  • Como imitamos as testemuñas de Xehová os métodos de predicación de Xesús?