Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?

 LECCIÓN 4

Por que fixemos unha tradución da Biblia?

Por que fixemos unha tradución da Biblia?

República Democrática do Congo

Ruanda

Fragmento da versión grega de Símaco (século III ou IV n. e.) que contén o nome de Deus no Salmo 69:32 (69:31, NM)

Durante décadas, as testemuñas de Xehová utilizamos, imprimimos e distribuímos varias traducións da Biblia. Pero co tempo vimos a necesidade de facer unha nova tradución que axudase ás persoas a alcanzar o “coñecemento da verdade”, tal e como Deus desexa para cada un de nós (1Timoteo 2:3, 4). Así que en 1950 comezamos a publicar en inglés partes da Traducción del Nuevo Mundo, que é unha tradución exacta, utiliza linguaxe moderna, e está dispoñible en máis de cento trinta idiomas.

Facía falta unha tradución fácil de entender. Como os idiomas cambian co paso do tempo, algunhas das expresións utilizadas en moitas traducións quedan obsoletas ou son difíciles de entender. Ademais, o descobremento de manuscritos antigos, máis exactos pola súa proximidade cos orixinais, axúdanos a entender mellor os idiomas hebreo, arameo, e grego utilizados para escribir a Biblia.

Facía falta unha tradución fiel á Palabra de Deus. Os tradutores das Santas Escrituras deberían ser fieis ó texto orixinal, sen tomarse nunca liberdades indebidas. Pero o certo é que a maioría das traducións nin sequera utilizan o nome de Deus, Xehová.

Facía falta unha tradución que dese toda a honra ó seu Autor (2Samuel 23:2). Na Traducción del Nuevo Mundo nome de Xehová restableceuse nos case sete mil lugares onde aparece nos manuscritos bíblicos máis antigos, como se mostra na ilustración de abaixo (Isaías 42:8). É un pracer ler desta tradución porque transmite as ideas de Deus con claridade, grazas ós anos de investigación coidadosa empregados na súa produción. Tanto se dispós dela no teu idioma coma se non, animámosche a coller o hábito de ler da Palabra de Deus tódolos días (Xosué 1:8; Salmo 1:2, 3).

  • Por que vimos a necesidade dunha nova tradución da Biblia?

  • Que hábito diario é necesario se queremos aprender cal é a vontade de Deus?