Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?

 LECCIÓN 9

Cal é a mellor forma de prepararnos para as reunións?

Cal é a mellor forma de prepararnos para as reunións?

Cambodja

Ucraína

Se estás a estudar a Biblia cunha testemuña de Xehová seguramente repasas con antelación o contido de cada sesión. Pois para sacar proveito das reunións é bo facer o mesmo. De feito, só as aproveitaremos ó máximo se collemos o costume de prepararnos.

Pensa cando e onde prepararte. Cando te concentras mellor? Cedo pola mañá antes de ir traballar, ou pola noite cando os nenos xa están na cama? Incluso se non podes pasar moito tempo estudando, decide canto vas dedicar a facelo e procura que nada cho impida. Busca un sitio tranquilo, e intenta evitar as distraccións apagando a radio, a televisión e o móbil. Facer unha oración para comezar axudarache a esquecer as preocupacións do día, e así concentrarte mellor na Palabra de Deus (Filipenses 4:6, 7).

Marca as ideas clave e prepárate para participar. Empeza por ter unha idea xeral do tema. Pensa no título do artigo ou capítulo, e repara no xeito en que cada subtítulo se relaciona con el. Analiza tódalas ilustracións e reflexiona nas preguntas que destacan os puntos clave. Despois, le cada parágrafo e busca a resposta á pregunta que leva embaixo. Le os textos bíblicos que se citan, e pensa en como apoian o que estás a estudar (Feitos 17:11). Cando atopes a resposta á pregunta, subliña ou marca algunhas palabras clave ou frases do parágrafo que che axuden a recordar a idea. Desta maneira, na reunión poderás levantar a man e facer un breve comentario coas túas palabras.

Se te preparas os distintos temas que se tratan cada semana nas reunións, irás engadindo novas ideas ás túas “arcas” de coñecemento bíblico (Mateo 13:51, 52).

  • Que costume sería bo que collésemos para preparar as reunións?

  • Como te podes preparar para comentar nunha reunión?