Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?

 LECCIÓN 11

Por que celebramos congresos?

Por que celebramos congresos?

México

Alemaña

Botswana

Nicaragua

Italia

Por que está tan alegre a xente destas fotografías? Porque están nun dos nosos congresos. Os servos de Deus da antigüidade seguían o mandato de celebrar asembleas tres veces ó ano, e nós tamén organizamos reunións de gran tamaño (Deuteronomio 16:16). Cada ano temos tres: dous congresos de circuíto de un día, e un congreso rexional de tres días. Como nos benefician estas xuntanzas?

Fortalecen a nosa irmandade. Do mesmo xeito que ós israelitas lles alegraba louvar a Xehová “nas asembleas”, nós tamén desfrutamos de adoralo xuntos en ocasións especiais (Salmo 26:12; 111:1). Estas xuntanzas dannos a oportunidade de coñecer a irmáns doutras congregacións, ou incluso doutros países, e de relacionarnos con eles. Ó mediodía comemos xuntos no mesmo lugar onde facemos o congreso, o que contribúe ó bo ambiente desta ocasión espiritual (Feitos 2:46). En momentos así, vivimos o amor que nos une ós nosos irmáns de todo o mundo (1Pedro 2:17).

Axúdannos a crecer espiritualmente. Os israelitas beneficiábanse ó comprender as Escrituras que se lles explicaban (Nehemías 8:8, 12). E nós tamén valoramos moito a instrución da Biblia que recibimos nos congresos. Cada un deles ten un tema bíblico como base, e mediante interesantes discursos e representacións de escenas da vida real, aprendemos como podemos facer o que Deus quere. Por outro lado, anímanos escoitar as vivencias doutros que manteñen unha conduta cristiá nestes tempos difíciles. Nos congresos rexionais fanse representacións teatrais que dan vida ós relatos da Biblia e nos mostran ensinanzas útiles. Por último, é nos congresos onde se bautizan os que queren simbolizar a súa dedicación a Deus.

  • Por que son os nosos congresos ocasións de tanta alegría?

  • Como te beneficiaría asistir a un dos nosos congresos?