Estonia

Cimbabue

Mongolia

Porto Rico

A razón de ser dos nosos locais de reunión é difundir a verdade acerca de Xehová. Por iso é un honor colaborar para mantelos limpos e en boas condicións, á altura do santo nome de Deus, e como parte do noso servizo a el. Todos podemos participar dun xeito ou outro.

Ofrezámonos para limpar despois das reunións. Ó rematar cada reunión faise unha limpeza superficial, na que tanto irmáns coma irmás participamos de boa gana. Unha vez á semana límpase o local máis a fondo. Un ancián ou un servo ministerial organizan o traballo, normalmente seguindo unha lista de tarefas. Dependendo das necesidades, os irmáns ofrécense para pasar o aspirador ou a fregona, limpar o po e os cristais, fregar os baños, sacar o lixo, ou coidar os exteriores. Polo menos unha vez ó ano facemos unha limpeza xeral. Contar cos nenos para algunhas destas tarefas ensínalles a respectar o lugar onde adoramos a Deus (Eclesiastés 4:17 [5:1NM]).

Botemos unha man co mantemento. Cada ano faise unha inspección detallada do local, tanto do interior coma do exterior. O resultado permite identificar que traballos de mantemento hai que levar a cabo a fin de que todo estea en bo estado, evitando gastos innecesarios máis adiante (2Crónicas 24:13; 34:10). O lugar onde adoramos ó noso Deus ben merece estar sempre limpo e ben coidado. Cando colaboramos nestas tarefas, demostramos canto queremos a Xehová e canto valoramos este centro de culto (Salmo 122:1). Ademais, é un xeito de causarlles boa impresión ós veciños (2Corintios 6:3).

  • Por que non debemos descoidar o noso lugar de adoración?

  • Como se organiza a limpeza dos nosos locais?