Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 LECCIÓN 18

Como axudamos ós nosos irmáns afectados por un desastre?

Como axudamos ós nosos irmáns afectados por un desastre?

República Dominicana

Xapón

Haití

Cando ocorren desastres, as testemuñas de Xehová organizamos inmediatamente axuda para socorrer ós nosos irmáns afectados. Estes esforzos proban que o amor que sentimos uns polos outros é verdadeiro (Xoán 13:34, 35; 1Xoán 3:17, 18). De que maneiras prestamos esta axuda?

Contribuímos economicamente. Cando houbo unha gran fame en Xudea, os primeiros cristiáns da parte de Antioquía mandaron cartos para axudar ós seus irmáns (Feitos 11:27-30). Do mesmo xeito, cando sabemos que os nosos irmáns de calquera lugar do mundo se atopan en dificultades, enviamos cartos mediante a nosa congregación para que poidan ter toda a axuda material que necesiten (2Corintios 8:13-15).

Organizamos labores de socorro. Os anciáns que son do lugar do desastre localizan a cada persoa da congregación para asegurarse de que todo o mundo está san e salvo. Un comité de socorro encárgase de coordinar a provisión de alimentos, auga potable, roupa, aloxamento e asistencia médica. Moitos irmáns coas habilidades axeitadas ofrécense voluntarios para axudar nas labores de socorro ou para reparar as casas e locais de reunión danados, pagando eles mesmos o desprazamento. A unidade que caracteriza á nosa organización e a experiencia que acumulamos traballando xuntos permítennos mobilizarnos axiña cando se necesita. Aínda que axudamos “maiormente ós nosos irmáns na fe”, tamén lles botamos unha man ós demais cando é posible, sen importar de que relixión sexan (Gálatas 6:10).

Ofrecemos apoio espiritual e emocional. O que máis necesitan as vítimas dos desastres é ser consoladas. En situacións así, Xehová, o “Deus de toda consolación”, é quen mellor nos pode dar forzas (2Corintios 1:3, 4). Para nós é un pracer compartir as promesas da Biblia cos aflixidos, transmitíndolles a seguridade de que o Reino de Deus pronto acabará con tódalas calamidades que tanta dor e sufrimento nos causan (Apocalipse 21:4).

  • Por que as testemuñas de Xehová son capaces de mobilizarse axiña cando ocorren desastres?

  • Que apoio espiritual podemos darlles ás vítimas?